Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alejandro Enríquez: "'Rapa' é un filme coral: persoas, bestas e monte"

Alejandro Enríquez: "'Rapa' é un filme coral: persoas, bestas e monte"

Rapa conta as dificultades e o paixón coa que loitan os veciños de Sabucedo por manter a tradición da rapa

O cabalo de monte galego está en perigo pola ameaza do abixeato, os lobos, a despoboación ou os parques eólicos

O documental rodouse durante varios anos para narrar todo o proceso, desde o traballo no monte ata a rapa dentro do curro

O director do filme Alejandro Enríquez
G24.gal 18/03/2024 14:59 Última actualización 18/03/2024 16:38

"Dende tempos inmemoriais na pequena aldea de Sabucedo, os cabalos salvaxes forxaron a identidade dun pobo a través da perpertuación dun ritual imposto polo home. É a rapa das bestas". 

Así comeza Rapa. Un documental participado pola Televisión de Galicia que por fin chega este venres ás salas de cine. Mañá hai unha preestrea en Carballo e hoxe queremos achegarnos ao proceso desa película dirixida por Alejandro Enríquez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade