Alejandra Balboa: "A boca e a lingua son lugares incómodos en que explorar novos movementos"
A bailarina inspírase en técnicas xaponesas que axudan a conectar corpo e imaxinación
O seu é un proxecto de investigación física que explora a distancia entre a palabra e o corpo
"Cando lle permito ao corpo aquelo que digo", este venres ás 20:30 no ciclo Danza Pontevedra
Desmembrar o corpo coa danza e deixar que cada parte se exprese semella unha cousa insólita pero así concibe o movemento a creadora pontevedresa Alejandra Balboa. Explorando e investigando as posibilidades da sua propia linguaxe corporal e a interpretación da mesma. Participou recentemente na Casa Vella de Allariz nunha residencia artística e o venres amosará ao público, no Pazo da cultura de Pontevedra, a súa creación, dentro das xornadas Danza Pontevedra que comezan hoxe.