Cargando resultados...
Alberto Sueiro: " O FIOT non só programa, quere ser útil ao teatro coas coproduccións"
A Asociación Cultural Telón e Aparte é a cerna deste festival de longa traxectoria
Obradoiros, dúas coproducións propias ou residencias teatrais tamén nesta edición do festival
Alberto Sueiro, Director do FIOT
G24.gal
09/10/2022 11:30
Espectáculos no teatro e nas rúas. Dos consagrados e dos novos. Estreas e coproducións. Todo este mes hai unha cita en Carballo co seu Festival Internacional Outono de Teatro: o FIOT. Dende Mofa e Befa ata Leo Bassi ou Paula Carballeira. Son 39 espectáculos, 8 estreas absolutas, 9 estreas en Galicia, 2 coproducións do FIOT, 2 compañías internacionais e 8 comunidades autónomas. Todo para ver con calma nun mes de teatro, e xa van 31 anos.