Cargando resultados...
Alberto Sueiro: "O Fioteen este ano céntrase na adolescencia, cando os mozos abandonan os teatros"
O FIOT programa 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 2 coproducións e 20 actividades paralelas
O lema deste ano convida a mirar cara ao interior, a recoñecer a forza do que nos sostén: a tradición, a memoria e a orixe
Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, do 25 ao 31 de setembro, Carballo
G24.gal
24/09/2025 14:30
Última actualización 24/09/2025 17:00
'Raíz viva, memoria colectiva' é o lema da presentación da edición número 34 do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo.
Arranca mañá e hoxe convidamos o seu director, Alberto Sueiro, para que nos conte que vai acontecer alí durante o próximo mes: moitas estreas, moitas compañías e moitos creadores van pasar por Carballo de aquí ata finais de mes.