Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Abe Rábade: "A nosa proposta no escenario é que a cor non é homoxénea, é infinita cara a dentro"
'Tempo de cor', editado polo selo Karonte, é un disco temático sobre a psicoloxía da cor. Un xogo sinestésico que combina son e imaxe mental
Sete cancións orixinais inspiradas no poder evocador do vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o morado e o branco
Beatriz Sáa elaborou unha base pictórica que acompaña a obra na súa versión de gravación física, en soporte virtual e en escena
                            G24.gal
                        
                            03/12/2024 14:49
                        
                        
                                Última actualización 03/12/2024 16:28
                        
                        
                    
                    'En cada cor baila a nosa luz agarrada á nosa sombra'. Así presenta Abe Rábade o seu novo disco: 'Tempo de cor'. Un xogo sinestésico que combina o son e imaxe mental.
Un traballo en que o acompañan Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería e que quere ser unha paisaxe sonora, un xogo, un convite.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
                