Publicador de contidos

Publicador de contidos

"A vida non é o mesmo sen eles"; a familia More Valladares perdeu tres membros no Villa de Pitanxo

"A vida non é o mesmo sen eles"; a familia More Valladares perdeu tres membros no Villa de Pitanxo

Daniel, Diego e Edwin, naturais do Perú, pero asentados en Cangas, dedicáranse sempre ao sector pesqueiro

Jose More non se separa da foto do seu fillo Diego e do seu irmán Daniel, que faleceron no naufraxio
G24.gal 16/02/2023 13:36

Entre os tripulantes do Villa de Pitanxo había varios cidadáns do Perú. Tres deles, Daniel, Diego e Edwin, eran parentes. Tío e sobriños. Asentados desde hai anos en Cangas, as súas familias aínda non lograron superar a dor da súa perda.

A traxedia do Villa de Pitanxo sacudiu especialmente a familia More Valladares. José non se separa da foto do seu fillo Diego, de 26 anos, e do seu irmán Daniel, de 44. Tamén perderon un sobriño político, Edwin, de 29 anos, que deixou catro fillos. Naturais do Perú, sempre se dedicaron ao sector pesqueiro.

Diego xa traballara en baixura, pero esta era a súa primeira marea en altura. Quería aforrar para estudar e traballar en frigoríficos. Seu pai, José, que xa estivera enrolado nese barco e intentou convencelo de que non fose.

A tráxica nova aquel 15 de febreiro sorprendeu a José no Perú, a onde viaxara para arranxar trámites legais. Pablo sóuboo polo seu fillo.

Aínda que recuperaron os corpos de Daniel e Diego, aceptar a perda está sendo difícil para toda a familia. Aseguran que seguirán loitando por coñecer a verdade do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade