Cargando resultados...
'A metamorfose' de Kafka, segundo Sarabela
A compañía ourensá traslada as obsesións de Kafka sobre a deshumanización ao contexto acual das angurias do ser humano
Dirixe Carlos Álvarez Ossorio e no elenco Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fernando González, Sabela Gago e Fina Calleja
Representacións no Pazo da Cultura de Narón o 22 de novembro e no Auditorio Municipal de Vigo o 29
G24.gal
03/10/2025 14:44
Última actualización 03/10/2025 16:35
Acaban de vir do teatro da Abadía en Madrid de representar 'O dragon de ouro' e están xa con outra montaxe. Unha revisión da icónica obra de Kafka centrada nos coidados, esa é a proposta de Carlos Ossorio e a compañía Sarabela que comezan o ano teatral montando unha nova versión da Metamorfose. É teatro que pregunta: que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano?