Cargando resultados...
A emoción da música barroca derrámase en Santiago
A emoción da música barroca derrámase en Santiago
Concert Le Phénix ofrecerá un programa que ilustra o momento no que a viola da gamba perdeu o seu trono en Francia
Ares, un dos mellores clavecinistas da súa xeración ofreceranos unha viaxe musical no Teatro Principal de Santiago
G24.gal
01/10/2024 14:36
Última actualización 01/10/2024 16:28
A partir de mañá a moi barroca cidade de Santiago vai poder desfrutar dunha música que a define. O Festival Ateneo Barroco programa seis concertos en distintos espazos da cidade con nomes como o clavecinista vigués Diego Ares ou a soprano Roberta Invernizzi.
Haberá tamén charlas, proxeccións e mesmo improvisacións contemporáneas.