Cargando resultados...
A contenda do río Miño, a celebración do teatro transfronteirizo
A contenda dos labradores de Caldelas é a primeira peza teatral en galego escrita en 1671 por Gabriel Feixoó
A obra á unha coprodución do CDG coa Companhia de Teatro de Braga
Esta montaxe conmemora o 50 aniversario da súa primeira posta en escena da man de Manuel Lourenzo e José Estruch
G24.gal
31/01/2023 15:42
A primeira peza teatral en galego, A contenda dos labradores de Caldelas, volve ás táboas da man do Centro Dramático Galego. Estreouse no Festival de Almagro e agora regresa a Santiago ata o domingo no Salón Teatro. E unha peza curta, un entremés, que fala de fronteiras, do río Miño,
e da loita polos recursos: unha disputa polo dereito a pescar.