Publicador de contidos
Publicador de contidos

A arqueoloxía dos palcos da música: arquitectura vernácula para unir a parroquia

A arqueoloxía dos palcos da música: arquitectura vernácula para unir a parroquia

Xurxo Ayán preséntanos o proxecto Palcos analiza os palcos fósiles, os activos e os reapropiados nas zonas rurales de Galicia

Palcos é a primeira entrega dunha serie de investigacións sobre outros lugares esquecidos como os locais de alterne ou os campos de fútbol 

É unha nova liña de traballo no INCIPIT que vincula etnografía, arqueoloxía e investigación artística

G24.gal 18/09/2023 15:05 Última actualización 18/09/2023 16:48

Xurxo Ayan preséntanos o proxecto PALCOS, unha liña de investigación que pretende superar o arquetipo do "feísmo" galego á hora de falar da arquitectura rural para engadirlle unha lectura antropolóxica a estas arquitecturas esquecidas.

Os investigadores analizan a evolución dos palcos e da contorna construída do campo da festa para lograr unha mellor compresión da relación entre forma, tamaño e localización destas estruturas e a evolución da festa e das orquestras e formacións musicais que participan nelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade