Carlos Negro percorre as idades da vida e da morte na literatura
O colaborador literario do Zigzag racha co tabú da morte con diferentes achegamentos literarios sobre o tema
Ensaio sobre os corpos falecidos e novelas sobre a perda da vida e da linguaxe
Carlos Negro escolma as lecturas de:
Furia, de María Reimóndez, novela pola que recibiu o último premio Jules Verne de literatura xuvenil (Xerais). Unha historia de perda e á dor e tamén un canto de amor ao boxeo.
Corpos. As outras vidas do cadáver, de Erica Couto-Ferreira, editado por Kalandraka, é un texto ensaístico que nos descobre todas as vidas que esperan a un corpo despois da morte.
As gratitudes, de Delphine de Vigan, (Hugin e Munin) é unha novela que interpela o lector e convídao a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable e a empatía dos coidados.