Cargando resultados...
Aldaolado: "'Forestal' escribímolo nun encerro todos xuntos, todo un luxo"
O dúo artístico celebra este ano o seu 18 aniversario e publica novo disco
Aldaolado, en concerto este sábado no Encontro Burla Verde de Sabucedo
G24.gal
26/04/2023 14:56
Última actualización 26/04/2023 16:42
Din María Lado e Lucía Aldao que sempre quixeron que a xente bailase os seus poemas. Así que o antigo desexo das Aldaolado vén para se converter en realidade co seu novo disco, Forestal. Seis temas con banda que xa podedes escoitar en Internet e dentro de pouco atoparedes nos escenarios. Por certo, que como non paran, tamén as tedes polos palcos coa celebración do seu 18 aniversario de título Sobre sorpresa.