Antonio Salas: "A música pode cambiar a nosa bioloxía"
Sensoxenoma nace co obxectivo de comprender o noso "patrimonio" xenético, o compoñente biolóxico máis xenuíno dun ser vivo
Os investigadores din que a música non só activa o cerebro, senón que tamén ten un efecto sistémico, modulando xenes ou proteínas
O día 3 de outubro celébrase a cuarta edición de Sensoxenoma, coa Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal Santiago
Sensoxenoma é un proxecto pioneiro que une ciencia e música para estudar como o estímulo musical afecta á expresión dos xenes e á saúde cerebral. Volve agora cun novo concerto este venres e o repertorio é secreto, o único que sabemos é que van participar a Real Filharmonía de Galicia e Banda de Municipal de Música de Santiago dirixidas por Sebastian Zinca e Casiano Mouriño.
Tamén sabemos que vai ser un concerto experimental en que se tomarán mostras biolóxicas a persoas que voluntariamente queren participar deste proxecto que une a ciencia e a música, o proxecto Sensoxenoma.
Para falarmos das dúas partes convidamos a directora técnica da Real Filharmonía, Sabela García Fonte, un dos investigadores do IDIS do Hospital Clinico de Santiago, Antonio Salas.