Publicador de contidos

Publicador de contidos

É o momento de relaxar o uso da máscara tamén nas escolas?

É o momento de relaxar o uso da máscara tamén nas escolas?

A Xunta traballa para poder flexibilizar ese protocolo nos colexios

G24.gal 22/10/2021 16:19

En toda España a máscara segue a ser obrigatoria nos centros educativos, tanto no interior coma no exterior. A Xunta traballa para poder flexibilizar ese protocolo nos colexios, se hai consenso xurídico e sanitario. Entre as familias hai quen pide prudencia e quen cre que xa toca reducir o seu uso.

As restricións van desaparecendo e pouco a pouco avanzamos na relaxación das medidas. Pero os centros educativos manteñen un protocolo moi similar ao do curso pasado.

Crecen as voces que piden retirar a máscara nos recreos sempre que sexa nun espazo ao aire libre, pero tamén os hai que prefiren agardar un pouco.

O Goberno galego aposta por unha desescalada simétrica coa do resto da sociedade. As consellerías de Educación e Sanidade traballan conxuntamente para flexibilizar o protocolo nos centros.

Tamén a nivel nacional, Educación solicitou ao Ministerio a creación dun marco de traballo para adaptar o protocolo á situación actual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar