Cargando resultados...
Moitos galegos aproveitan o festivo para achegarse á feira semanal de Valença
A afluencia de visitantes provocou un intenso tráfico e algunhas retencións nos principais accesos
G24.gal
06/12/2023 13:52
A feira semanal de Valença do Minho ten este mércores un ambiente marcadamente galego.
Son moitos os que aproveitaron o festivo da Constitución para achegarse á cidade fronteiriza.
A maioría para abastecerse no que as autoridades locais destacan é un dos maiores mercados ao aire libre de Europa.
Para os comerciantes locais, a calidade dos seus produtos é o que atrae a tanto visitante.
Hai quen aproveita a xornada festiva para pasear pola Fortaleza, construída no século XVII, e gozar da gastronomía local.
Esta masiva afluencia de visitantes provocou un intenso tráfico e algunhas retencións nos principais accesos á fronteira portuguesa.