Benítez quita o foco dos árbitros e pono na falta de acerto do Celta
O adestrador agarda que o seu equipo sexa máis efectivo cara á porta contra o Raio Vallecano
O Celta e Benítez cambian o discurso. Atrás deixan a desfeita arbitral e apuntan agora á falta de acerto. Ben é certo que a opinión do técnico sobre a cuestión arbitral segue latente, pero a atención está agora posta noutros datos.
E isto sucede no día anterior a visita a Vallecas. Partido importante para non afundirse na clasificación e campo complicado. Tanto que a última vitoria galega en Primeira haina que ir buscar case 27 anos atrás, cando Castro Santos manexaba ao Celta. 1-3, con goles de Sánchez, Milojevic e Alejo.
Desde Vallecas Francisco expresábase nunha liña similar a Benítez. O técnico do Raio non cre que o Celta poida seguir falando das arbitraxes, e que a liga vai deixar a cadaquén no seu sitio.