A Audiencia senta de novo no banco o futbolista do Carballiño acusado de agresión sexual
O exporteiro do Zaragoza Álvaro López Ratón enfróntase a penas de dous a catro anos de prisión
Fora absolto dos cargos de agresión sexual en 2020

O futbolista Álvaro López Ratón volverá sentar no banco dos acusados para responder polo cargo de agresión sexual a unha muller na noite de San Xoán de 2018 no Carballiño. O xogador, que actualmente milita en Polonia, enfróntase a penas de dous a catro anos de prisión.
O porteiro do Carballiño fora absolto dos cargos tras o xuízo que se celebrou en novembro de 2020. Finalmente, a Audiencia Provincial de Ourense acabou ordenando a repetición do xuízo tras as recorrencias á sentenza por parte da vítima.
A muller acúsao de tentar forzala a ter relacións. Ante a súa negativa, a vítima asegura que o home a empurrou, provocando que se golpeara cun banco de pedra. Ademais, engade que a tocou e a bicou sen o seu consentimento previo, antes de marchar insultándoa.