Lingua

(EC Audiovisual Service/Bogdan Hoyaux)

Aprazan a votación sobre a oficialidade do catalán, o éuscaro e o galego na UE pola falta de consenso

27/05/2025 13:24

O Goberno asegura que seguirá traballando para o recoñecemento das linguas cooficiais tras non conseguir despexar as dúbidas legais, financeiras e políticas dos socios comunitarios


O 'Proxecto Nós' dá un paso clave para o desenvolvemento dunha IA xerativa en galego

15/05/2025 15:03

Presentan un nutrido banco de voz, constituído grazas a centos doazóns, que permitirán seguir incorporando o galego na programación dos algoritmos


Aspirantes ao certificado Celga examínase este sábado en Madrid

As probas de lingua galega para obter o certificado Celga volven esta fin de semana a Madrid

10/05/2025 14:32

Amais desta fin de semana, como son moitos os matriculados para facer os exames do Celga, os do nivel 2 e 3 vanse celebrar a fin de semana do 24 e 25 de maio


Andy Chichester, o mestre estadounidense que triunfa nas redes sociais falando galego

26/04/2025 14:29

Andy leva catro ano difundindo contidos en galego en Instagram, Youtube e X, onde ten milleiros de seguidores

Decidiu aprender galego grazas ao seu fillo maior, que viviu tres anos na Coruña

Esta fin de semana participa no Festival Carballo Interplay


O décimo da Lotería Nacional para este sábado 12 de abril cos nomes 'Ginzo de Limia' e 'Orense'.

Polémica en Xinzo de Limia polo décimo da Lotería Nacional que lle chama 'Ginzo'

08/04/2025 15:13

Hai desconcerto e incluso enfado pola deturpación do nome oficial en galego

Ademais pon 'Orense', que tampouco está ben, segundo o artigo 10 da a Lei 3/1983, de 15 de xuño

Todos os grupos municipais van esixir que se respecte o topónimo oficial ao Ministerio de Facenda e a Loterías e Apostas do Estado, e o BNG vai reclamar nas Cortes o respecto pola lei e os dereitos lingüísticos de Galicia


O presidente saínte da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, nunha entrevista este luns no 'Bos días' da TVG

Freixanes: "Toda a sociedade ten que estar implicada no uso e transmisión do galego”

24/03/2025 10:36

O presidente saínte da Real Academia Galega asegura que "o idioma é de todos" e "está moito mais vivo do que ás veces dicimos"

Víctor Freixanes despídese da RAG despois de oito anos á fronte da institución: "Eu sentinme moi cómodo, moi recoñecido e moi agradecido ao traballo e colaboración de todos os compañeiros"

 


Un estudo revela que os galegos non temos dificultade para mudar dunha lingua a outra

11/02/2025 14:19

Trátase da última enquisa de Percepción Social do Galego encargada pola Xunta e que apunta a unha aceptación alta do denominado "bilingüismo cordial"

O 77 % das persoas contesta en galego cando alguén se dirixe a elas en galego e case un 84 % contesta en castelán cando se dirixen a eles en castelán 


'21 días co galego' chega a 10 colexios e a máis de 4.000 alumnos

31/01/2025 14:26

Dez centros escolares asumen un programa de actividades destinadas a vivir completamente en galego durante tres semanas


Fonte: Real Academia Galega

'Cantareira' é a Palabra do Ano 2024

27/12/2024 10:45

Foi escollida por votación popular na iniciativa promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié

O termo designa as protagonistas do Día dás Letras Galegas 2025


Presentación da campaña 'Saca a lingua que levas dentro'

A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua galega a sanitarios para incrementar o seu uso

20/12/2024 16:56

Tamén se compromete a revisar todo tipo de documentación e sinalización, para garantir que todos os contidos figuren na lingua

Publicidade
Publicidade