Novas
Contido con Xeográficas .
Betanzos

Os torques de ouro achados nas Mariñas Coruñesas poderían datar da Idade de Ferro
23/10/2023 21:36
Permaneceron soterrados durante séculos nunha leira. O primeiro foi atopado en primavera e o segundo hai uns días

Retiran elementos dun inmoble abandonado en Betanzos ante o risco de derruba
21/09/2023 14:11
Os técnicos detectaron un empeoramento na fachada da vivenda, que está catalogada, e o Concello encargou os traballos de xeito urxente

A movida en Betanzos comeza a ser un problema para os veciños
31/08/2023 16:22
Veñen autobuses con mozos doutros concellos para saír de festa, que xa se estende de xoves a domingo

Os concellos de Betanzos e Bergondo intensifican as medidas para facer fronte á seca
23/08/2023 21:54
Non encher piscinas, lavar coches só nos establecementos habilitados e reducir os regos son algunhas das medidas

Betanzos vive un dos días grandes das súas festas coa primeira xira dos Caneiros
18/08/2023 21:58
A navegación fluvial forma parte da singularidade da festa

O globo de Betanzos non alzará esta noite o voo en Betanzos
16/08/2023 14:35
Os betanceiros din que están tristes e indignados, pero confían en que se recupere a tradición o próximo ano

Betanzos agarda pola reforma da planta de tratamento de auga para controlar o norovirus
11/08/2023 14:17
O Concello quere incrementar os equipos da planta de tratamento para minimizar os efectos da presenza do norovirus no río Mendo

Betanzos celebra a versión familiar da súa romaría dos Caneiros
05/08/2023 20:40
É unha celebración máis respectuosa coa tradición que as xiras do 15 e do 25 de agosto

Betanzos levanta as restricións de consumo de auga tras ser cualificada como apta por Sanidade
03/08/2023 17:29
Betanzos reclama un estudo do río para determinar os puntos de vertedura

Betanzos só rexistra virus nun depósito de auga e valora levantar as restricións a vindeira semana
27/07/2023 14:44
O Concello valorará a semana que vén levantar as restricións, excepto nos núcleos abastecidos polo denominado depósito de Xanrozo

Tres camións cisterna substitúen, polo menos ata o mércores, a auga da billa en Betanzos
24/07/2023 13:56
Sanidade confirmou que volve estar presente na auga un virus como o que ocasionou en maio un gromo de máis de 500 casos de gastroenterite

Betanzos prohibe consumir auga da billa tras confirmar a presenza dun novo virus
22/07/2023 19:52
O Concello tenta evitar un gromo de gastroenterite coma o que deixou 500 casos no mes de maio

Betanzos alerta da posible reaparición do virus na auga e pide evitar o seu consumo
20/07/2023 19:45
Os resultados das últimas análises de auga coñeceranse en 48 horas

Betanzos queda este ano sen o seu tradicional globo de san Roque entre o desgusto da veciñanza
17/07/2023 21:29
A alcaldesa pediu desculpas á veciñanza e negou causas económicas, de falta de material ou de espazos públicos para a súa fabricación

Decepción en Betanzos pola cancelación do lanzamento do globo de san Roque
16/07/2023 14:11
Os veciños concentraranse o próximo xoves en sinal de protesta
A Fundación Globo de San Roque aduciu falta de tempo para construír o aeróstato

Polémica polo globo de Betanzos, que podería non voar este ano
14/07/2023 14:30
O globo aínda non comezou a fabricarse
A raíña das festas será substituída polo representante maior

A Feira Franca de Betanzos recreou un torneo medieval
09/07/2023 21:39
Durante tres días, a vila engalanouse para rememorar o seu pasado
Houbo postos de artesanía, espectáculos na rúa, xogos e música na XXIV edición da feira

Betanzos celebra esta fin de semana a súa Feira Franca Medieval
07/07/2023 21:52
Declarada de Interese Turístico de Galicia, atrae cada ano multitude de visitantes

Betanzos xa pode beber auga da billa, un mes despois de detectar un virus na traída
28/06/2023 17:28
As últimas analíticas da auga deron negativo en virus, pero seguirase reforzando a vixilancia sanitaria do abastecemento

A auga de Betanzos dá negativo en virus, pero seguen as restricións
23/06/2023 18:11
O vindeiro luns farase outra recollida de mostras e se segue dando negativo, poderían levantarse as restricións ao consumo ao final da semana

As analíticas ratifican unha vertedura de fecais próxima á captación de auga en Betanzos
21/06/2023 13:03
Os resultados destas análises serán achegados á denuncia que presentará o Concello no Xulgado

Betanzos denuncia unha vertedura de augas fecais no río Mendo
14/06/2023 21:06
Investigan se ten relación co gromo de gastroenterite na vila

Continúan as restricións de auga en Betanzos porque as analíticas seguen dando positivo en noravirus
13/06/2023 13:41
O que máis incomoda os veciños é descoñecer o porqué da presenza do virus na auga

En Betanzos seguirán sen poder beber auga da billa dúas semanas máis
12/06/2023 16:33
Continúa na auga o virus que provocou a gastroenterite na vila
O gromo afectou unhas cincocentas persoas

Liorta multitudinaria en Betanzos despois do enfrontamento entre dous homes
09/06/2023 13:49
Ambos son traballadores da mesma pizzería e parentes, un deles estaba de baixa
A intervención da Garda Civil e a Policía local freou a pelexa, que xuntou unhas 15 persoas

Betanzos seguirá unha semana máis sen poder beber auga da billa
07/06/2023 21:22
Ata o próximo día 15 non se saberá se a auga da traída é apta para o consumo

Sen data para o restablecemento do servizo de auga en Betanzos
06/06/2023 20:58
O Concello rematou a limpeza e desinfección da rede e agarda os resultados de novas probas realizadas

Betanzos remata a desinfección da rede de auga despois de 500 casos de gastroenterite
06/06/2023 17:26
Agárdase a confirmación da desaparición do virus para volver permitir o consumo

Un virus na auga provocou o gromo de gastroenterite en Betanzos
03/06/2023 20:39
A auga non é apta para o consumo e continúan as restricións
Mantense o abastecemento de auga a través de cisternas
Desinfectarase toda a rede e someterase a auga a un proceso de hipercloración
.png)
Aínda se descoñece a orixe do gromo de gastroenterite de Betanzos
02/06/2023 21:55
O Concello agarda que antes do luns cheguen os resultados das análises da auga e recomenda non beber auga da billa nin lavar os dentes con ela

Betanzos anuncia un plan de limpeza da rede e mantén as restricións de auga
02/06/2023 21:51
Os casos de gastroenterite seguen a aumentar, xa van polos 440, aínda que diminúe o seu ritmo

O gromo de gastroenterite de Betanzos remite, pero mantéñense as restricións
02/06/2023 13:51
As autoridades agardan o resultado das análises realizadas ás mostras de auga recollidas na traída da vila

O concello de Betanzos comeza a repartir auga en camións cisterna
31/05/2023 22:01
A repartición iníciase a persoas maiores de 75 anos que viven soas, persoas con mobilidade reducida ou familias vulnerables

O gromo de gastroenterite xa afecta uns 300 veciños de Betanzos
31/05/2023 14:48
Sanidade restrinxiu, por precaución, o uso da auga da traída
O Concello vai comezar a repartir auga embotellada entre as familias máis vulnerables

Recomendan non consumir auga da billa en Betanzos tras un gromo de gastroenterite
30/05/2023 16:53
Ata o momento hai máis dun cento de casos diagnosticados, todos de carácter leve

'National Geographic' inclúe Betanzos e O Grove entre as mellores 18 vilas de España para comer
26/04/2023 14:53
Fala do prato de Betanzos con máis sona: a tortilla de patacas
Tamén salienta os peixes e mariscos do Grove e da illa da Toxa

Reclaman a eliminación dun punto negro en Guillade despois de catro atropelos mortais
21/04/2023 14:02
Piden que se reduza o límite de velocidade a 50 km/h desta zona de Betanzos

'Mulleres espontaneadas' do século XVIII, nin delito nin pecado
17/03/2023 15:40
'Muller espontaneada' é un concepto xurídico case descoñecido e único en Galicia que alude ás embarazadas solteiras
O estudo de Ángel Arcay céntrase nos séculos XVIII e XIX nas comarcas do Eume e Ferrol
Realizou as investigacións recuperando 555 expedientes do Arquivo Notarial da Coruña

Investigan o suposto intento de rapto dunha nena en Betanzos
16/03/2023 14:15
A pequena contou que un home vestido de negro intentou agarrala
Os supostos feitos causaron unha grande alarma social

Ciclistas e camiñantes comparten a nova senda ZEC de Cecebre
12/02/2023 13:59
Son máis de 26 quilómetros que discorren por Bergondo, Carral, Betanzos e Abegono
O proxecto contou cun investimento de máis de dous millóns de euros