Contido con Xeográficas .
Betanzos

Arde unha vivenda ocupada en Betanzos
19/06/2025 10:46
O edificio queimouse na rúa Saavedra Meneses, en Tiobre
Non houbo feridos nin danos persoais

Condenado a oito anos e medio de cárcere por violar unha muller en Betanzos
19/05/2025 13:04
Ademais da pena de prisión, a Sala impúxolle a prohibición de comunicarse e de aproximarse á afectada durante oito anos, cinco anos de liberdade vixiada e o pago dunha indemnización de 10.000 euros
.png)
Investigan a causa da morte dun home localizado nunha rúa de Betanzos
19/05/2025 11:00
Foi unha persoa a que alertou da presenza do corpo de home na rúa Mandeo

Doce anos do picudo vermello por Galicia
01/05/2025 19:30
Leva matadas unhas 10.000 palmeiras só na provincia de Pontevedra

Luz verde á mellora da seguridade viaria en Infesta, Betanzos
16/04/2025 13:59
A reforma, na que a Xunta investirá máis dun millón de euros, era unha vella reclamación dos veciños

Un condutor esnáfrase contra uns contedores en Betanzos tras sufrir un mareo
28/03/2025 14:15
Aínda que tivo que ser rescatado polos bombeiros, as feridas que sufriu foron leves

A nova lavandería da Fundación Hospitalarias Betanzos dá emprego a 16 persoas con discapacidade
25/03/2025 14:09
O pasado 20 de marzo inaugurouse como un centro especial de emprego

Betanzos premia a Dolores Vázquez, a muller que probou a súa inocencia tras 17 meses no cárcere
23/03/2025 17:30
Na década dos 90 pasasou 519 días en prisión polo caso da morte de Rocío Wanninkof
Dolores Vázquez di que non garda "rancor a ninguén" pero que necesita que o "Goberno lle pida perdón"
Este domingo recibiu o XVII Premio Úrsula Meléndez de Texeda do Concello de Betanzos

A empresa galega Ineltrón participa na posta en marcha do maior complexo petroquímico en Europa
01/02/2025 14:52
É unha iniciativa da multinacional británica Ineos e as obras estanse a levar a cabo no porto da cidade belga de Amberes
Ineltrón encargarase da electrificación do complexo tras adxudicarse un contrato de preto de 30 millóns de euros

Cae o muro posterior da igrexa de San Martiño de Tiobre, en Betanzos
30/01/2025 14:07
Suponse que o esborrallamento se produciu polas circunstancias atmosféricas de tanta chuvia e vento dos últimos días

Deteñen en Betanzos dous madrileños que levaban 11 quilos de haxix no coche
21/01/2025 10:32
Os dous arrestados foron interceptados nunha peaxe da AP-9, e no interior do vehículo, que tiña un forte cheiro a haxix, atoparon tamén dúas navallas e un machete e 5.000 euros

A última etapa do Gran Camiño unirá Betanzos e Santiago de Compostela
03/01/2025 14:57
Será a quinta etapa tras comezar en Portugal e pasar polas outras tres provincias galegas

Churros e zapatillas, tradicións de Aninovo en Betanzos
01/01/2025 19:44
A tradición brigantina leva a mocidade ata o mercado para rematar a festa
As zapatillas compradas úsanse ata o vindeiro ano

Continúan as mostras de solidariedade desde Galicia cos damnificados pola DINA
09/11/2024 14:40
Empresas e institucións de distintas cidades e localidades galegas seguen a enviar persoal ou axudas a Valencia

A mellor tortilla de Betanzos: a do Café de Segundo
14/10/2024 13:58
Ivan Quintáns quedou finalista o ano pasado e este fíxose co galardón entre as 19 candidaturas presentadas
Quilo e medio de patacas do país, unha ducia de ovos, aceite, sal e "cariño" son os ingredientes da receita gañadora
O único "truco" da receita é pochar a pataca unha vez fritida: baixarlle o lume e deixala que se faga un pouco

A sommelier Sonia Molero pon en valor os caldos da IXP Terra de Betanzos
16/09/2024 19:26
En 2016 emprendeu o proxecto Unipositivo, co que fai divulgación e promoción da cultura do viño

Avogan pola volta dos Caneiros ás orixes como romaría familiar e sen estridencias
27/08/2024 14:04
Piragüistas e asociacións para a defensa do Mandeo e da ría piden poñerlles freo ás actitudes dos que van só de troula sen control

Atopan o cadáver dun home nun piso de Betanzos que levaba morto seis meses
22/08/2024 09:47
O propietario da vivenda deu aviso á Garda Civil, xa que levaba bastante tempo sen ver o inquilino

As embarcacións enchen o río Mandeo na festa dos Caneiros en Betanzos
18/08/2024 20:39
Este domingo celébrase a primeira xira da festa, que se repetirá o próximo día 25
Unha romaría de convivencia entre diferentes xeracións de betanceiros

O globo de Betanzos recupera o voo por San Roque tras "inspirar" París 2024
17/08/2024 09:06
O aeróstato máis grande do mundo realizado en papel voou cara a Coirós, malia a chuvia, sobre milleiros de persoas para renovar unha tradición que se remonta a 1814
Agora é o símbolo das festas de San Roque da localidade

Máxima expectación ante a volta do globo de Betanzos polo San Roque
16/08/2024 20:59
Calculan que unhas 50.000 persoas van ateigar a praza de Betanzos para velo engalar

Capitanía Marítima da Coruña quere restrinxir o uso de motos de auga na ría de Betanzos
09/08/2024 14:07
A causa das excepcionais características na desembocadura do río Mandeo e dos problemas entre distintos usuarios da contorna marítimo-terrestre

Veciños de Betanzos denuncian os ruídos nocturnos nunha rúa
08/08/2024 14:23
Din que os locais incumpren a normativa porque non teñen limitadores de son
Aseguran que levan anos co problema e que o Concello non resolve a situación

A Semana Internacional de Cine de Betanzos recoñece a carreira e o talento do actor Luís Tosar
21/07/2024 12:44
O intérprete recibirá a Medalla de Galicia o próximo24 de xullo

Betanzos celebra as vodas de prata da súa Feira Franca con máis días de festa
14/07/2024 16:48
Un centenar de postos de artesanía e produtos gastronómicos animan as rúas

Betanzos celebra esta fin de semana 25 anos da súa Feira Franca Medieval
12/07/2024 21:18
Recrearán episodios históricos da vila como a expulsión dos leprosos ou a chegada do señor de Andrade

Os trens turísticos de Galicia ofrecen dez rutas distintas ao longo do verán
29/06/2024 14:13
76 persoas gozan este sábado da ruta das Mariñas
Hai rutas de faros, de mosteiros, de xardíns ou mesmo gastronómicos

Falece José Manuel Martínez-Lage, pioneiro da neuroloxía en España
25/06/2024 12:22
Natural de Betanzos, exerceu durante case trinta anos no departamento de Neuroloxía da Clínica Universidade de Navarra
É autor de 800 publicacións científicas e especializouse no tratamento da epilepsia e as enfermidades de párkinson e alzhéimer

Unha veciña de Betanzos leva unha década reclamando que limpen a maleza dunha leira
12/06/2024 14:07
A muller ameaza con ir aos tribunais se o Concello de Betanzos non toma as medidas oportunas

Xuntanza de "pantaleóns" en Paderne, na comarca de Betanzos
08/06/2024 17:24
É unha celebración rotatoria en que participan veciños de cinco parroquias de Cantabria, Burgos, A Coruña e Lugo que levan San Pantaleón no nome

Betanzos solicita á Xunta que recoloque varios grupos de gansos que atacan os veciños
16/05/2024 17:33
O Concello di que xeran problemas de salubridade e de seguridade viaria
Solicitan a presenza de axentes medioambientais para concretar as accións a desenvolver

05/05/2024 19:49
O Betanzos acada a permanencia á custa dun histórico como o Rápido, que xogará a presenza na Terceira galega na última xornada

Novas estreas e maior participación nas procesións da Semana Santa de Betanzos
26/03/2024 22:13
Trátase de pezas recuperadas e restauradas baixo a dirección do modisto Jorge Vázquez, que preside desde 2022 a confraría da Semana Santa

Un veciño de Betanzos falece nun accidente aéreo nos EUA coa súa muller e o seu fillo
11/03/2024 18:03
O home residía en Miami, onde estaba á fronte da escola de pilotos Atlantis Aviation
O sinistro tivo lugar cando intentaban unha aterraxe de emerxencia co seu avión privado

10/03/2024 23:59
Fernando Cuadrado decide no último minuto o partido entre dous equipos acabados de ascender

Morre un condutor tras invadir o carril contrario e chocar contra un camión en Betanzos
08/03/2024 11:10
A vítima, de 61 anos, era veciño de Irixoa

Derrúbase a fachada dun edificio no centro histórico de Betanzos
02/03/2024 20:35
A última chuvia persistente adiantou un final esperado, que chegou nun momento de rúas baleiras
O propietario ignorou a orde de execución emitida en 2022

O incendio dunha vivenda familiar en Betanzos deixa importantes danos materiais
19/02/2024 13:33
A casa estaba baleira no momento en que se produciu o lume
A orixe do incendio non está clara, pero os bombeiros sospeitan dun fallo eléctrico

O desbordamento do Mandeo causa inundacións en varias zonas de Betanzos
12/02/2024 17:25
O río saíu da súa canle coincidindo coa premar á altura dos lugares da Ribeira, Porto e Tolerancia

Piden a reapertura dun desvío da N-542 en Betanzos para evitar ter que dar arrodeos
02/02/2024 15:05
Os veciños do Farragoto queren recuperar o acceso que tiñan antes da última sinalización da estrada de Betanzos ao Mesón de Vento
Coa situación actual tríplicase a distancia que hai desde Betanzos ao lugar en coche