Contido con Temática .
Cultura

Rumia, Maricarme e Nastasha Zürcher, voces femininas nas músicas do 'Zigzag'
12/06/2024 15:11
Maricarme, un supertrío de neofolk con Antía Ameixeiras, Cibrán Seixo e Migui Carballido
'Desfado', dos galegos Rumia: fado ao ritmo do drum and bass
Nastasha Zürcher canta á luz nun videoclip filmado na praia das Furnas

A axencia Magnum Photos gaña o Premio Princesa de Asturias da Concordia
12/06/2024 13:43
O xurado recoñece o seu "icónico e esixente" labor de fotoperiodismo ao longo de case oito décadas en que foi "exemplo de liberdade de prensa e asunción de riscos"
Os seus catro socios fundadores, Robert Capa, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e David Seymour, pasaron á historia como os pais do fotoxornalismo

A Fundación Residencia de Estudiantes prepara o 150 aniversario da Institución Libre de Enseñanza
12/06/2024 13:23
A raíña Letizia presidiu a reunión do seu padroado, que tamén encara a celebración do centenario da Xeración do 27

12/06/2024 13:22
O Diario de Castelao, máis de cen anos despois da sua escritura, segue sendo un libro de difícil acceso
Tivo que ser unha editorial catalá , Edicións del Serbal, a que publicara en galego O pintor e a vida moderna, para lermos O diario de Castelao de Anxo Rabuñal

A importancia de rescatar voces de aldea na escolma literaria de Carlos Negro
11/06/2024 15:22
Sara Vila asina unha novela de aprendizaxe co lume como destrución e catarse
De Xabier Quiroga destaca a forza da voz dun Balbino de aldea totalmente auténtica
'Zobra', de Emilio Araúxo, non é só un libro de antrolopoloxía, é a vida e a voz do pobo

Zeltia Irevire: "Faltan mulleres nos estudios e nas producións de son"
11/06/2024 15:05
Zeltia Irevire incorporan diversas influencias do folk atlántico creando un estilo propio de 'folk tribal'
No albúm 'Vacaloura' a maioría das cancións resoan na frecuencia 432hz, a vibración da natureza, do Universo
Próximas datas: sábado 15, Burla Verda, O Courel, domingo 16 Ruada das Gotas, Ribadumia e día 22 Sons da Industria, Vigo

Miguel Mosquera: "O artista ten unha responsabilidade coa sociedade"
11/06/2024 14:59
Un incendio no rural hai corenta anos espertou a súa conciencia para traballar plasticamente este tema
Inclúe o deseño gráfico e a serigrafía en moitas obras para lanzar mensaxes directas ao espectador
'Incendios e silencios: 2017-2020', de Miguel Mosquera. Ata o 1 de setembro no C. C. Marcos Valcárcel de Ourense

Un cadro de Velázquez, por primeira vez en Galicia
10/06/2024 21:05
O Museo Provincial de Lugo expón 'Sibila', pertencente á colección estable do Prado

10/06/2024 21:00
A guerra das Malvinas tivo lugar entre abril e xuño de 1982, disputando A Arxentina e o Reino Unido unhas illas con gran riqueza pesqueira e moita importancia xeoestratéxica
Morreron 649 militares arxentinos, 255 militares británicos e tres civís
O programa de escavacións arqueolóxicas na que participan os militares superviventes ten un dobre obxectivo terapéutico e científico

Tono Carbajo: "A linguaxe simbólica da arte sempre é sandadora"
10/06/2024 14:56
O artista procura o lugar dende dous significados: o lugar interior, dos desexos e a natureza íntima, e o exterior, aquel onde habitamos
Na busca da dobre significación, nesta exposición conflúen ode dous proxectos: 'As casiñas dos desexos' e 'Fronteiras' sobre refuxiados na Unión Europea
'Dende o lugar que buscamos', de Tono Carbajo, ata finais de xullo Asociación Évame Oroza en Vigo

'Entremedias', os labores invisibilizados das mulleres na lente de Sol Álvarez
10/06/2024 14:51
'Entremedias' é a última exposición de Sol Álvarez na galería La Doce de Boiro, que nace froito dunha residencia artística
A artista utiliza a cianotipia, unha técnica fotográfica do século XIX

Gabriel Quiroga: "No Arquivo de Reino de Galicia reconstruímos o pasado e damos conta do presente"
09/06/2024 11:00
O Arquivo do Reino de Galicia custodia os documentos producidos polas administracións públicas e algún de carácter privado dende o século X
O Arquivo do Reino de Galicia pode consultarse ou visitarse e os seus fondos son divulgados

Takekazu Asaka, embaixador da lingua galega no Xapón, académico de honra da RAG
08/06/2024 20:11
Traduciu ao xaponés a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra e os poetas medievais
Impartiu clases de galego en varias universidades xaponesas e no Instituto Cervantes de Toquio

Luis Cousillas: "Temos que respectar o mar, e tamén gozalo"
08/06/2024 11:30
Da arte ao turismo, o cine, libros ou a gastronomía, todo o relacionado cos océanos ten acollida no festival Mar de Mares
'O noso rastro do mar' é a exposición das fotógrafas galegas: Cris Romero, Ariadna Silva e María Muiña
A Domus acollerá as proxeccións dos filmes mariñeiros do 'Ocean Film Festival'

Premio Xerais de Novela: como se deciden os gañadores?
07/06/2024 16:29
Persoas alleas ao mundo editorial, incluso deportistas ou profesionais liberais, integran os grupos que deciden os premiados
Presentáronse 103 orixinais ás tres categorías: Narrativa, Jules Verne de literatura xuvenil e Merlín de literatura infantil

A paixón do Entroido no Ulla recompilada nun fotolibro
07/06/2024 16:01
'Viva! Os Xenerais da Ulla', o fotolibro que retrata o entroido onde esta figura tradicional é protagonista
Os fotógrafos Eutropio Rodríguez e Javier Iglesias estiveron nos concellos de Silleda, Vila de Cruces, A Estrada, Santiago, Vedra, Teo, Boqueixón, Touro e Padrón
Mañá preséntano na feira do libro Selic, en Compostela

Un xaponés entra como membro de honra na Real Academia Galega
07/06/2024 15:56
Takekazu Asaka leva case 40 anos estudando a lingua, traduciu ao xaponés os nosos poetas máis insignes e ata pulicou estudos de sociolingüística

Ana Comesaña: "Os artistas transmitimos o mellor que podemos o que outros nos ensinaron antes"
07/06/2024 15:10
A JONDE volve a Compostela para centrar a súa actividade artística e formativa no estudo e preparación do repertorio sinfónico e de cámara
Nesta edición das Xornadas Caleidoscopio a JONDE celebra cinco concertos e dous esncontros: con Ensemble Modern e co Trio Arbos
O sábado pola maña a JONDE pecherá o festivalo RESIS en Coruña e pola tarde terá un concerto no Auditorio de Galcia dentro das XMC

As quintas xornadas Rosalía en Camiño buscan a convivencia entre poetas da Península
07/06/2024 15:02
Nas xornadas que se desenvolven ata o sábado hai diversidade de linguas: galego, catalán, vasco e portugués e de propostas poéticas
Entre os participantes: Bernardo Atxaga, Andreia Faria, Pol Guasch, Andrea Nunes ou Brenda Mondelo
O espectáculo 'A lluz, Orion e a nova lluz', do asturiano Monteavaro, pechará Rosalía en Camiño

Ana Moas: "En Carabela non temos medo a nada, o proxecto medra con total liberdade"
06/06/2024 15:21
Carabela estréa Nø, un videoclip co que pechan o traballo anterior e avanzan un novo EP con seis temas
En Nø o son é producido no momento e pásase por unhas radios antigas, creando así unha aura onírica que recorda á estética dos anos 80
Carabela son Ana Moas, voz Alba V. Burke, teclados e programacións, Pablo Agra, guitarras e programacións e Pablo Pazos, baixo eléctrico

Rexenera Fest, dez anos derrubando muros con pintura
06/06/2024 15:11
O Rexenera Fest chegou á súa décima edición como un dos eventos de arte pública máis relevantes
Cinco muralistas deixarán candansúa obra para este crecente museo ao aire libre
Entre as actividades paralelas: obradoiros, visitas guiadas e xogos de pistas

05/06/2024 14:55
A 'Casa para unha artista' en Vigo é obra dos arquitectos María Ferro e Jordi Castro
Habitar o espazo de traballo implica que a arquitectura ten que separar emocionalmente ambos espazos
Formigón pulido e madeira de abeto son os principais materiais desta obra

Pablo Dopazo: "As relacións pai-fillo son moitas veces incomprensibles"
05/06/2024 14:52
'O frío' gañou o premio a Mellor Director, Mellor Curta, na sección Ficción, e Mellor Actor para José María Sanjurjo no Festival de Cans
O filme, inspirado nunha historia real, achéganos a vida dun traballador dunha praza de abastos que se atopa de novo co pasado
'O frío' é a primeira curta de P. Dopazo e a primeira produción de Nova Industria Film que el mesmo fundou con Anna Kulyk

Píscore teatro: "Ao principio eramos máis músicos que actores, pero agora todo ten o mesmo peso"
05/06/2024 14:43
Píscore Teatro nace no 2016 conxugando comedia musical e xestual
'Molto Barroco' estreado no 2023, estará de xira en outono con Camino Escena Norte
A peza competirá en xullo en Almagro na sección Internacional Barroco Infantil

Músicas con cambio de rumbo: Law, Sabela e Eilen Jewell, nas músicas do 'Zigzag'
04/06/2024 15:03
Law é unha novísima artista de Vigo: arent'be, reggae e hip hop contemporáneo para desentrañar o mundo
Sabela adianta o seu novo álbum co tema 'Hi, my love'
Eilen Jewell comeza a súa xira española na Capitol de Santiago

Manuel Esteban: "E se borramos a liña entre a realidade e a ficción?"
04/06/2024 12:51
'O xogo de Escher', editado por Xerais, foi a obra gañadora do IX Premio de Novela Curta Ciade Centenaria de Ribeira
A novela é unha distopía de ciencia ficción na que o límite vida e do xogo se confunden como nas teselas de Escher

Idol: a vaga coreana chega á banda deseñada galega
04/06/2024 12:44
O grupo máis relevante do K-pop actual xera 3.500 millóns de dólares ao ano
Idol, unha historia instalada de pleno na cultura do K-pop
Alba Chan e Ene son as autoras desta K-BD que edita Xerais, premio Garaxe Hermético, protagonizada por Vega e Ámbar

María Zamora, produtora de 'O corno' ou 'Matria', premio Nacional de Cinematografía 2024
03/06/2024 16:19
A produtora valenciana recibiu devandito premio polo seu apoio ao cine independente
Ambas películas, O Corno e Matria, foron coproducidas pola TVG

Iván Fernández: "Vacaburra investiga sobre como o queer queda desbotado do festín capitalista"
03/06/2024 14:50
'Metodologías Carroñeras para corpos invertidos' é unha conferencia performativa sobre diversidade sexual co humor e a danza como eixos
Nesta peza de Vacaburra a dirección e dramaturxia é de Gena Baamonde acompañada por Andrea Quintana

Encarna Lago: "Hai que pór as persoas no centro, que ningúen quede fóra dos museos"
03/06/2024 14:48
O principal obxectivo da Rede é tratar de cambiar a percepción dos museos, convertelos en lugares de encontro, accesibles e inclusivos
As xornadas, levadas a cabo nos centros escolares e museos, promoven o traballo conxunto como ferramenta para a transformación social
As xornadas pedagóxicas 'Museos Situados: xestión, educación e territorio' continúan o 5 e 6 de xuño no Pazo de Tor

Alejandro Mosquera: a pintura como quebracabezas de realidade
03/06/2024 14:39
As termas da Chavasqueira teñen un lugar central na exposición de Alejandro Mosquera que ten aberta en Ourense
Lense influencias de Picasso, das vangardas europeas, o constructivismo, interese e gusto por Lugrís, Luis Seoane, Cabezas...

Arrinca a Festa do Cinema, con entradas a 3,5 euros ata este xoves
03/06/2024 12:39
338 cinemas e case 3.000 pantallas de toda España súmanse a esta iniciativa organizada pola Federación de Cinemas de España
O obxectivo é fomentar a asistencia ás salas de cinema como un hábito social e cultural

02/06/2024 11:30
'Outras historias posibles' pode verse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago
Obras de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré integran a mostra
Todas as artistas naceron nos anos 50, a exposición revisa e contextualiza a súa obra para completar o relato histórico

Menchu Lamas: "A cor é un elemento que ten corazón propio, é unha pulsión"
01/06/2024 11:30
'Natureza da cor' reúne 13 obras recentes da autora na galería Luisa Pita de Santiago
A cor forte, enerxética e explosiva é sempre sinal de identidade de Menchu Lamas
A maior parte das obras desta exposición foron pintadas no estudio de Vigo de Menchu Lamas

Cativos de toda Galicia únense para cantarlle á Xeración Nós
31/05/2024 21:05
350 cativos de conservatorios de toda Galicia cantaron en Ribadavia algúns dos versos máis famosos da Xeración Nós
Participaban na oitava edición do certame 'No bico, un cantar', organizado polo Consello da Cultura Galega para divulgar a nosa lingua da man da nosa música

María Luísa Nache, o centenario dunha diva esquecida
31/05/2024 15:12
A cantante coruñesa comparte escenario con María Callas na Medea de Cherubini no papel de Glauce na Scala de Milán
Estreou Lola la Piconera no Liceo de Barcelona, Foi Micalela de Carmen no Metropolitanov e fixo Turandot co célebre tenor Franco Corelli
Dicía que cantar cancións en galego non so era a súa obriga, senón que se lle tiña que esixir

Raquel Díaz: "Traficaron con persoas durante os períodos máis intensos da emigración"
31/05/2024 14:59
A mostra 'Regressar' do Museo do Pobo Galego mestura ilustracións con diferentes testemuños que falan de como era e como mudou a vida en Beira Alta en Portugal
Obrigados polo réxime salazarista a loitar, entre 1961 e 1974, na chamada Guerra de Ultramar en África, moitos veciños tiveron que marchar
Tras a primeira migración a partir dos anos 80 continuou o éxodo por motivos económicos e estas zonas quedaron abandonadas

Cae unha banda que gañou 5 millóns distribuíndo ilegalmente películas e series
31/05/2024 09:50
A organización captaba o sinal emitido vía satélite e distribuíao entre os seus clientes a cambio dunha subscripción anual de entre 90 e 169 euros

Green Day esperta o ánimo punk de toda unha xeración no Son do Camiño
31/05/2024 08:50
A banda californiana interpretou por completo os seus álbums máis exitosos, Dookie e American Idiot, nun espectáculo de máis de dúas horas de duración
J Balvin e Arde Bogotá foron outras das atraccións da xornada inaugural
Hoxe é a quenda dos británicos Pet Shop Boys no Monte do Gozo

No Son do Camiño cadaquén dorme onde pode
30/05/2024 15:33
En hotel, cámping, autocaravana e mesmo no coche