María Zamora, produtora de 'O corno' ou 'Matria', premio Nacional de Cinematografía 2024
María Zamora, produtora de 'O corno' ou 'Matria', premio Nacional de Cinematografía 2024
A produtora valenciana recibiu devandito premio polo seu apoio ao cine independente
Ambas películas, O Corno e Matria, foron coproducidas pola TVG
María Zamora, produtora de cintas galegas como O corno ou Matria, foi galardoada co Premio Nacional de Cinematografía, a proposta do xurado. Este premio, concedido anualmente polo Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.
A súa vitoria foi anunciada por Cultura anunciou o ditame este luns nun comunicado, no que sinala que o xurado recoñeceu a María Zamora por "o seu apoio ao cinema independente e arriscado. Na súa traxectoria, María Zamora fortaleceu a presenza do cinema independente español no mercado internacional, incidindo en miradas sensibles e diversas".
Á súa vez, o xurado destacou que María Zamora "en 2023 obtivo a Cuncha de ouro de San Sebastián pola película O corno, así como a súa implicación en múltiples producións que conseguiron oito nomeamentos aos Premios Goya de 2024".
A produtora participou en películas como Alcarrás, de Carla Simón:; O corno, de Jaione Camborda, ou Creatura, de Elena Martín, entre outras. Ademais da cinta vencedora na última edición do Festival donostiarra, Zamora tamén exerceu de produtora noutras películas galegas, como Matria, de Álvaro Gago, ou María e os demais, de Nely Reguera.
Entre todas elas, cómpre destacar a participación da Televisión de Galicia nas producións de O corno e Matria.
O Premio Nacional de Cinematografía recompensa a achega máis sobresaliente no ámbito cinematográfico español, posta de manifesto preferentemente a través dunha obra feita pública ou un labor profesional desenvolvido durante o ano 2023, ou, en casos excepcionais debidamente motivados, outórgase como recoñecemento a unha traxectoria profesional.
O galardón, que o ministro de Cultura entrega habitualmente no marco do Festival de San Sebastián, recoñeceu na súa pasada edición a Carla Simón, uníndose a unha lista de personalidades da cinematografía española, entre quen se atopa Penélope Cruz, José Sancristán, Isabel Coixet, Antonio Banderas ou Fernando Trueba, entre outros.