Publicador de contidos

Contido con Xeográficas A Coruña .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas A Coruña .

A Coruña

O detido por dispararlle a un mozo en Carballo nega ser o autor do tiroteo

02/05/2024 13:58

Pedro López Añón foi detido por un presunto delito de lesións ao ferir por un disparo outro mozo no lugar do Sisto

Logo do tiroteo, Pedrito atrincheirouse varias horas na súa vivenda, entregándose voluntariamente unhas horas despois

Etiquetas:  TIROTEO

O Leyma pode acadar un histórico ascenso á liga ACB este domingo

02/05/2024 12:46

Ten que gañar ao Castellón e o San Pablo Burgos perder ante o Fuenlabrada


O Concello da Coruña aproba por unanimidade iniciar o proceso para reclamar a Casa Cornide á familia Franco

02/05/2024 11:46

PSOE, PP e BNG deron luz verde este xoves para iniciar este proceso que permitirá revisar de oficio as decisións tomadas polo Concello en 1962, que entregaron o inmoble á familia do ditador

A Casa Cornide é un palacete exemplo da arquitectura residencial da Ilustración en Galicia, do século XVIII no centro da Coruña que en 1962


Amancio Ortega ingresa 1.422,5 millóns de euros en dividendos de Inditex

02/05/2024 08:51

O empresario recibirá este ano 2.845 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía, por encima dos 2.217 millóns que percibiu por este concepto o exercicio pasado


Detido un veciño de Carballo que se atrincheirou na súa casa tras disparar a outro

01/05/2024 18:29

O home entregouse voluntariamente ante a despregadura policial diante do seu domicilio

Etiquetas:  TIROTEO

Unha avaría eléctrica deixa sen luz medio milleiro de clientes na Rolda de Outeiro, na Coruña

01/05/2024 14:32

Os prexudicados estiveron oito horas sen luz

Os veciños non puideron facer o xantar e os negocios quedaron sen traballar

Etiquetas:  AVARÍA

A Coruña acolle a mostra da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo

30/04/2024 22:17

Tras o seu paso por Sevilla e Zaragoza, chega á Coruña a mostra da Bienal Española de

Cen postos de traballo para 250 aspirantes

30/04/2024 14:42

A XV Feira de Emprego de Carballo ofrece oportunidades para parados menores de 30 anos

A Cámara da Comercio da Coruña dirixe este encontro aos mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Etiquetas:  EMPREGO

Desesperados polas continuas avarías do ascensor nun inmoble da Sardiñeira, na Coruña

30/04/2024 14:07

Moitos veciños optaron por utilizar o elevador só para meter as bolsas da compra

Desde Naturgy din que a causa principal do problema está nunha instalación particular allea á distribuidora eléctrica da compañía


Nova liorta violenta na Coruña

29/04/2024 14:43

Sucedeu á altura da rúa Barcelona, unha zona especialmente conflitiva, segundo denuncian veciños e comerciantes

Etiquetas:  LIORTA

O edificio en que se rexistrou o incendio

Detida un menor por un incendio do que foi rescatada unha rapaza na Coruña

28/04/2024 20:03

A rapaza foi rescatada coa autoescada, xa que non se podía confinar en ningunha habitación


Ferido grave un rapaz que caeu dun tellado en Dumbría cando tentaba coller unha pelota

28/04/2024 19:21

O menor precipitouse dende unha altura duns tres metros e golpeou a cabeza

Categorías:  Galicia   Dumbría   Sucesos
Etiquetas:  MENORES   ACCIDENTE

O derradeiro videoclub da Coruña pecha as súas portas o 30 de xuño

28/04/2024 08:46

Aínda DVD, en Monte Alto, chegou a atesourar un catálogo con máis de 14.000 filmes


O salón CarOutlet reúne na Coruña máis de 700 vehículos de ocasión

27/04/2024 14:26

Oito de cada dez coches vendidos en Galicia en 2023 eran de segunda man

O evento celébrase no recinto de Expocoruña e durará ata o próximo domingo


Material incautado

Desartellado en Arteixo un punto de venda de droga procedente de Cádiz

27/04/2024 10:06

A Garda Civil detivo unha parella que distribuía cocaína e haxix nun inmoble situado en Vilarrodís

 


Vehículo envorcado / Concello de Culleredo

Liberadas dúas persoas tras envorcar o seu coche na AP-9, en Culleredo

26/04/2024 18:11

As dúas ocupantes que viaxaban no coche quedaron atrapadas, non podendo saír debido ás varandas da estrada


Foto @RCDeportivo

Idiakez: "O Arenteiro vén cun porteiro, non cun espantallo"

26/04/2024 15:18

Mella, Lucas e Lucas Pérez estarán disponibles 

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

A Coruña acolle as primeiras Olimpíadas de Salvamento Marítimo

26/04/2024 14:54

Levar á práctica moita da teoría que sobre seguridade marítima se aprende nas aulas


Os artistas das residencias de música e literatura reclaman no Pazo de Mariñán máis espazos para pensar

26/04/2024 14:17

Subliñan a necesidade de que as institución apoien máis proxectos creativos afastados das lóxicas produtivistas

Estas residencias organízaas a Deputación da Coruña e consisten en 12 días de asesoramento, convivencia e debate


A policía realiza unha redada nun pub da rúa coruñesa do Orzán por segunda vez en dúas semanas

26/04/2024 14:09

Os axentes xa comisaran droga no local hai quince días

Etiquetas:  DROGAS

Finaliza a rexeneración da ría do Burgo e os mariscadores ven irregularidades

26/04/2024 13:05

O colectivo pide compensacións xa que aínda tardarán dous anos polo menos en pode apañar o marisco sementado

Etiquetas:  MARISQUEO

A Xunta activa na Coruña a Tarxeta Xente Nova no móbil para promover o uso do transporte público gratuíto

26/04/2024 12:32

Segundo informa a Xunta, a iniciativa dará servizo a case 20.000 persoas da área coruñesa, con 21 liñas nos concellos de Cambre, Carral, Cerceda, Oleiros, Ordes, A Coruña, Culleredo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, A Laracha e Sada


Toma a xustiza pola man e tapia unha casa ocupada na Coruña

25/04/2024 14:14

Aproveitando que os ocupantes non estaban no interior, comezou a tapiar a porta e as fiestras


Ingresa en prisión o presunto autor dun roubo nun banco da Ponte do Porto

25/04/2024 11:57

Accedeu empuñando unha arma de fogo coa que agrediu e intimidou o único empregado que atendía a sucursal e subtraeu un total de 44.000 euros

Etiquetas:  ATRACO

Investigan dous menores por conducir por Bergondo e subilo ás redes sociais

25/04/2024 09:23

A Garda Civil detectou nunha rede social varios vídeos que mostraban os adolescentes, de 15 e 16 anos, manexando un vehículo por estradas secundarias


Alertan dunha praga de ratas na Coruña

24/04/2024 14:06

Os veciños da Travesía da Gaiteira temen que se converta nun problema de saúde pública

Urxen o Concello a que desratice a zona 


CullerChef, ou como aprender a cociñar desde a infancia con produtos de proximidade

23/04/2024 21:17

Teñen entre 6 e 12 anos e algúns é primeira vez que experimentan cazoleando


Un edificio da Palloza infestado por un niño de chinches pon en risco os veciños

23/04/2024 16:28

Quéixanse de non ter axuda das institucións nun tema de saúde pública


Morre un home nun accidente de tractor en Ribeira

23/04/2024 14:53

O sinistro produciuse na parroquia de San Martiño de Oleiros


Dous falsos policías agriden violentamente un veciño de Fisterra

23/04/2024 14:51

A brutal agresión tivo lugar ás catro da madrugada do luns na Insua, no camiño da Barcia, a

Vinte e tres equipos galegos participan na competición europea de lanzamento de satélites escolares

23/04/2024 14:38

A Axencia Espacial Europea promove o CanSat2024 para desenvolver o coñecemento da aeronaútica


Veciños dun inmoble da Coruña denuncian acoso inmobiliario desde o mes de febreiro

23/04/2024 14:24

Están convencidos de que os propietarios os queren botar para vender o edificio


A Garda Civil detén tres persoas en Culleredo por roubaren 700 litros de gasóleo

23/04/2024 09:32

Os arrestados, residentes da Coruña e Oleiros, foron sorprendidos mentres subtraían combustible do depósito dun camión no polígono de Ledoño


Sae da UCI a vítima da agresión do Orzán

22/04/2024 14:53

Os catro implicados xa están na cadea

Están investigados por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumado, en función da evolución da vítima


O Dépor Abanca eríxese en "referente" do fútbol feminino galego e "exemplo" en España

22/04/2024 14:43

Así o expresaron este luns nunha recepción oficial no pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, tanto o presidente da entidade, Álvaro García Diéguez; a adestradora do equipo, Irene Ferreras, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda


Feridos un pai e a súa filla de sete anos ao ser atropelados nun paso de peóns en Cee

22/04/2024 13:03

Ocorreu á primeira hora da mañá, mentres cruzaban un paso de peóns sinalizado, nunha recta de boa visibilidade da parroquia de Brens

A pequena levou a peor parte, ao saír desprazada varios metros co impacto e os dous foron trasladados ao hospital de Cee


Investigan a posible intencionalidade no incendio dun hotel de Camariñas

21/04/2024 20:55

Un hóspede sufocou as lapas cun extintor e evitou que alcazasen outras estancias

Etiquetas:  INCENDIO

Dous dos arrestados este domingo á entrada dos xulgados

Prisión provisional sen fianza para os catro detidos polo acoitelamento do Orzán

21/04/2024 10:06

Están investigados por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumada, segundo evolucione a vítima


'Xaquín Marín, humor líquido', un retrato a golpe de viñeta da realidade galega

21/04/2024 08:10

A mostra reúne 150 obras do humorista gráfico na Fundación Luís Seoane da Coruña e viaxará por toda Galicia


O corpo foi localizado no Orzán

Rescatan o corpo sen vida do mergullador desaparecido na zona do Orzán

20/04/2024 20:02

A Policía Nacional e o corpo de Bombeiros da Coruña despregaron un operativo de busca ás tres da tarde

O cadáver foi trasladado ao hospital de Oza para lle practicar a autopsia e identificalo

Publicidade
Publicidade