Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan o corpo sen vida do mergullador desaparecido na zona do Orzán

Rescatan o corpo sen vida do mergullador desaparecido na zona do Orzán

A Policía Nacional e o corpo de Bombeiros da Coruña despregaron un operativo de busca ás tres da tarde

O cadáver foi trasladado ao hospital de Oza para lle practicar a autopsia e identificalo

O corpo foi localizado no Orzán
G24.gal 20/04/2024 20:02 Última actualización 20/04/2024 20:57

A Policía Nacional e os Bombeiros da Coruña localizaron e recuperaron o cadáver dun submarinista desaparecido este sábado na zona do Orzán. Conseguírono tras despregar un operativo de busca por un aviso de rescate que recibiron minutos antes das 15:00 horas.

Un particular contactou cos efectivos do parque da Grela para informar dun traxe de neopreno ou similar mergullado na praia das Amorosas. Pola súa banda, o 112 Galicia recibiu a alerta por parte da Policía Nacional que detallou que a procura se centraría nas grutas desa zona.

Nese momento despregaron o operativo de busca. Ata o punto desprazáronse tres dotacións e dúas lanchas de bombeiros, axentes da Policía Local, da Nacional e o Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil.

Finalmente, pouco antes das seis da tarde, axentes do GEAS confirmaron a localización e a recuperación do corpo. Ademais, atoparon tamén as pertenzas do mergullador na zona. 

Segundo as primeiras inspeccións, podería levar xa tempo na auga. O cadáver foi trasladado ao hospital de Oza para lle practicar a autopsia e identificalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade