Publicador de contidos

Contido con Temática Laboral .

Publicador de contidos

Contido con Temática Laboral .

Laboral

Os avogados da quenda de oficio reclaman un traballo digno

10/05/2024 14:13

Levan en folga indefinida desde novembro para que lles melloren as súas condicións laborais

Aseguran que a día de hoxe lles custa cartos traballar, e que son eles e non o Goberno os que sosteñen a xustiza gratuíta


O conselleiro de Emprego critica que a reforma do subsidio do paro se fixese "sen consenso"

10/05/2024 11:03

José González considera que "non son boas formas de empezar unha reforma", da que se desmarcou a patronal CEOE

Ve "moita marxe de crecemento do emprego industrial" e avoga por "un grande acordo" que permita a implantación de novas empresas no sector

Cre que os principais retos do mercado laboral son abordar a "escaseza de emprego nalgúns sectores" e a "remuda xeracional" no comercio polo miúdo


Á concentración da Coruña asistiu o secretario xeral Paulo Carril

Concentracións da CIG polo dereito a unha xubilación digna

09/05/2024 12:15

A central sindical demanda, entre outras cousas, a xubilación parcial aos 61 anos para todos os traballadores, non só para os da industria manufactureira; tamén a xubilación aos 65 anos, e voluntaria, a partir dos 35 anos cotizados


Sánchez pídelles aos empresarios que suban os salarios dos traballadores

08/05/2024 14:48

O presidente do Goberno pediulles este mércores aos empresarios que aproveiten a "bonanza

Traballadores de Navantia este martes en Ferrol (EFE/Kiko Delgado)

Os traballadores de Navantia prolongan as protestas cun peche no estaleiro de Ferrol

08/05/2024 09:49

Este xoves a representación dos traballadores afronta unha nova xuntanza coa empresa coas posturas moi distantes respecto ao plan estratéxico e o convenio colectivo


Díaz, Sordo e Álvarez tras a sinatura do acordo (Europa Press/Fernando Sánchez)

Goberno e sindicatos pactan a reforma do subsidio de desemprego sen o apoio da patronal

08/05/2024 08:42

A axuda será de 570 euros ao mes durante os 6 primeiros meses e de 540 os 6 seguintes, e entrará en vigor en novembro con carácter xeral

Yolanda Díaz: "Isto non é ningunha paguiña, é un dereito"

CCOO e UXT salientan a importancia do acordo para mellorar a vida de moitas persoas

A patronal lamenta que non houbese "verdadeira negociación"


A cifra de autónomos subiu en Galicia, con más de 8.800 novos traballadores no primeiro trimestre

07/05/2024 14:23

Detrás desta suba hai unha novidade: a cota cero, unha medida que aplica Galicia e que bonifica o cen por cento das cotizacións

Etiquetas:  EMPREGO   TRABALLO

Traballadores de Navantia maniféstanse por Ferrol para reclamar avances nas negociacións sobre o seu convenio  (EFE/Kiko Delgado)

O naval de Ferrol volve á rúa "decidido a pelexar" polo seu convenio colectivo

07/05/2024 11:50

Traballadores de Navantia Ferrol iniciaron este martes un calendario de mobilizacións que continuarán mañá cun peche de 24 horas


UGT pide que os antigos bolseiros non paguen por incorporar as prácticas á vida laboral

07/05/2024 09:11

A organización xuvenil RUGE, de UXT, cre que a medida é discriminatoria, xa que os antigos bolseiros deben asumir tamén a cotización empresarial


A Seguridade Social supera por primeira vez a barreira dos 21 millóns de afiliados

06/05/2024 08:52

A Seguridade Social sumou 199.538 ocupados no mes, mentres que o paro se reduciu ata os 2,66 millóns de persoas, a cifra máis baixa desde setembro de 2008

Galicia suma 6.740 empregos e reduciu o paro en 2.677 persoas

Etiquetas:  PARO

Foto de arquivo / Europa Press

O Supremo rexeita que se compaxine traballo remunerado con pensión de grande invalidez

03/05/2024 16:36

O tribunal considerou incompatible que un home cobrase a súa pensión vitalicia mentres traballaba a tempo completo e estaba dado de alta na Seguridade Social


Imaxe de arquivo

Morre un traballador en Ponteceso ao caerlle enriba un muro de pedra

03/05/2024 13:33

O accidente laboral produciuse no lugar de Anllóns de Arriba, na parroquia de Anllóns


A Xunta aposta pola formación específica para facilitar o acceso ao emprego

02/05/2024 13:12

O conselleiro de Emprego reuniuse este xoves con representantes da CIG e CCOO


Sindicatos e empresarios discrepan sobre a redución da xornada laboral no 1 de Maio

01/05/2024 11:05

Paulo Carril, secretario xeral da CIG: "Os avances tecnolóxicos e os cambios na xestión da organización do traballo fan posible a redución da xornada laboral" 

Juan Manuel Vieites, presidente da CEG: "Estamos preocupados polo impacto da redución da xornada na produtividade e os custes laborais"


Manifestación central da CIG na Coruña co gallo do Primeiro de Maio (EFE/Cabalar)

As mobilizacións do 1.º de Maio en Galicia esixen mellorar salarios e frear a precariedade

01/05/2024 09:09

Un ano máis, os sindicatos concorren por separado

A CIG reclama "traballo digno" e CCOO e UXT marchan polo "pleno emprego"

Entrevistas na RG: sindicatos e empresarios discrepan sobre a redución da xornada laboral


Manifestación do Primeiro de Maio en Madrid (EFE/Mariscal)

Os sindicatos pídenlle ao Goberno este Primeiro de Maio que continúe coas reformas

01/05/2024 08:36

"Polo pleno emprego: reducir xornada, mellorar salarios", é o lema escollido por UXT e CCOO este Día do Traballo


Cen postos de traballo para 250 aspirantes

30/04/2024 14:42

A XV Feira de Emprego de Carballo ofrece oportunidades para parados menores de 30 anos

A Cámara da Comercio da Coruña dirixe este encontro aos mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Etiquetas:  EMPREGO

Oficina da Seguridade Social (Europa Press)

Os parados terán itinerarios personalizados para formación e procura de emprego

30/04/2024 11:37

A vicepresidenta segunda e responsable de Traballo di que agarda ter unha proposta para a redución da xornada laboral antes do verán


A figura do comprador persoal inmobiliario asesora o cliente para adquirir a súa vivenda

27/04/2024 14:10

É unha profesión recente, pero cada vez con máis demanda, xa que mesmo supón un aforro no prezo

O experto busca e valora os inmobles segundo as necesidades do cliente

Etiquetas:  VIVENDA

Preacordo entre os bombeiros e o Goberno local de Ourense

26/04/2024 13:49

Despois das protestas desta semana acadaron un acordo para que o 7 de maio se inclúan eses pluses nas súas nóminas

Etiquetas:  BOMBEIROS

CCOO e UXT reclaman medidas para acabar coa sinistralidade laboral

26/04/2024 13:47

Segundo as cifras dos sindicatos, a sinistralidade laboral aumentou máis dun 7 % no último ano en Galicia


Destrúense 139.700 empregos no primeiro trimestre, a maior caída desde 2020

26/04/2024 09:08

O paro subiu en 117.000 persoas entre xaneiro e marzo, quedando a taxa de paro no 12,29 % 

O paro sobe en Galicia un 14 % e a taxa sitúase no 10,4 %

Etiquetas:  PARO   INE

O oficio tradicional de ferreiro queda sen remuda

24/04/2024 14:17

En Riotorto xa quedan poucos ferreiros en activo

Os fouciños son os produtos máis demandados

Etiquetas:  EMPREGO

Inspección de Traballo actuará contra os abusos no período de proba dos contratos

24/04/2024 11:54

O Ministerio vai poñer en marcha unha campaña para comprobar posibles incumprimentos por parte das empresas 

Yolanda Díaz advirte: "En ningún caso imos permitir que ese período de proba sexa unha escusa para a fraude. Acabouse o tempo en que as persoas traballadoras eran de usar e tirar".


Unha sentenza pioneira exime unha autónoma viguesa de pagar as cotas durante unha baixa de longa duración

23/04/2024 14:36

A Seguridade Social terá que devolverlle a unha muller as cotas que lle reclamou 

O auto, que é firme, podería beneficiar milleiros de autónomos na súa mesma situación de novembro de 2019 e maio de 2021

Etiquetas:  AUTÓNOMOS

Reuters / Albert Gea

Freixenet presenta un ERTE que afectará a 615 persoas pola crise causada pola seca

23/04/2024 09:17

Non se aplicará a traballadores da área comercial e, en función da área de actividade, terá unha afectación dun 20 % a un 50 %


O CEO de Ebro, o vicepresidente internacional de Chery, o ministro de Industria e os presidentes do Goberno e da Generalitat durante a sinatura do acordo (Lorena Sopena/EuropaPress)

O desembarco do grupo automobilístico Chery en Barcelona reportará 1.250 empregos

19/04/2024 12:04

A chegada do grupo chinés Chery ás antigas instalacións de Nissan de Barcelona permitirá producir ata 150.000 automóbiles en 2029

A operación prodúcese tras a alianza entre Chery e Ebro-EV Motors


Talleres mecánicos de Lugo farán contratacións no Perú ante a falta de man de obra

18/04/2024 13:54

Xa pecharon 45 contratacións que agardan incorporar no verán 


Ecuador suspende a xornada laboral do xoves e do venres en medio da crise enerxética

17/04/2024 19:31

Noboa pediu a renuncia da ministra de Enerxía e Minas Andrea Arrobo, quen asegurou que non habería apagamentos a curto prazo

Acúsaa tamén, a ela e a outros funcionarios, de agochar información para evitar esta crise


O Concello de Lugo debe máis dun millón de euros os traballadores municipais

12/04/2024 14:14

A denuncia é dos seis sindicatos representados no Concello, que se xuntan por primeira vez para dar visibilidade a unha situación que, din, arrastran desde hai máis dun ano

Acumulan atrasos no pago de horas extras, complementos de produtividade ou en axudas médicas e de formación


A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, durante a súa comparecencia no Senado (EFE/Fernando Villar)

Traballo retirará as medallas ao mérito a Díaz Ferrán e Fernández Gayoso

12/04/2024 12:29

Con esta medida o Goberno pretende eliminar "calquera complicidade coa corrupción"

A vicepresidenta segunda traballa nunha reforma do despedimento e avanza que chamará en setembro os axentes sociais para subir o SMI 


O persoal das tendas de Inditex maniféstase na Coruña para reclamar melloras laborais

07/04/2024 14:18

Reclaman que as dependentas cobren o complemento de antigüidade do que xa se benefician no centro loxístico de Sabón


Os sindicatos convocan unha manifestación en Vigo para denunciar as cifras "inadmisibles" de sinistralidade laboral

05/04/2024 14:16

Chaman ás administracións a que actúen para garantir a seguridade dos traballadores


Os sindicatos piden ampliar os sectores que acceden á xubilación anticipada

05/04/2024 14:14

Reclaman que se aplique naqueles traballos máis perigosos ou esixen máis esforzo físico


O sector eólico calcula que ten por cubrir unhas 1.000 vacantes en traballos de reparación

05/04/2024 13:58

O convenio de formación entre a Xunta e as empresas do sector pretende facilitar a cobertura destes postos con man de obra cualificada


Alcoa ve "incerto" o éxito da venda da factoría de San Cibrao e avoga por medidas laborais

05/04/2024 11:39

A multinacional norteamericana do aluminio di que tanto o Goberno como a Xunta participarán no proceso


O uso do teléfono persoal no traballo pode ser motivo de despedimento

04/04/2024 14:12

Varias sentenzas avalan despedimentos por estes motivos, sempre que a prohibición sexa notificada ao traballador e este a incumpra repetidamente


Stellantis afronta unha nova parada na factoría de Vigo por falta de aprovisionamento

04/04/2024 11:45

A parada afecta o sistema 2 de produción da factoría, que ensambla furgonetas


A Axencia Tributaria prevé devolver 673 millóns de euros a 919.000 galegos coa renda

03/04/2024 14:50

O prazo para presentar a declaración finaliza o 1 de xullo


Aragón interésase pola ferramenta da Xunta que sincroniza con IA oferta e demanda de emprego

02/04/2024 14:17

Tras un período de proba, EMI xa está dispoñible nas oficinas de emprego de Galicia

Publicidade
Publicidade