Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector eólico calcula que ten por cubrir unhas 1.000 vacantes en traballos de reparación

O sector eólico calcula que ten por cubrir unhas 1.000 vacantes en traballos de reparación

O convenio de formación entre a Xunta e as empresas do sector pretende facilitar a cobertura destes postos con man de obra cualificada

G24.gal 05/04/2024 13:58

En Galicia hai agora uns 12.000 postos de traballo vacantes para os que as empresas teñen dificultades en atopar man de obra cualificada. Son datos da Consellería de Promoción de Emprego, que está asinar convenios de formación cos sectores máis necesitados de profesionais. Un deles, o sector das reparacións eólicas onde se calcula que pode haber unhas 1.000 vacantes. 

"Facemos reparación in situ en pas, traballamos a nivel mundial. E un 10 % ou 5 % facémolo en nave, porque hai pas que están moi deterioradas e despois dunha inspección deciden baixalas e traelas aquí", explica Xosé Lois Pazos, o CEO de Galventus. 

Unha desas naves de reparación está en Cambados, a onde chegan pas de aeroxeradores ata de Finlandia. Aquí rematan estes días a formación máis de vinte novos alumnos. 

 "Queremos apoiar os sectores estratéxicos e axudar a cubrir esas 12.000 vacantes, e tratamos de axustar esa formación ás necesidades reais das empresas", declarou Elena Rivo, a conselleira de Promoción do Emprego, nunha visita á empresa.

A formación inclúe unha boa preparación en prevención de riscos.

"O que imos contratar é o 100 % dos que estamos formando, e fai falta máis persoal e por iso imos tentar formar persoal no sector eólico", anunciou Xosé Lois Pazos, de Galventus.

O sector ten tamén moito traballo en parques galegos, moitos con máis de trinta anos, e que precisan restaurar as compoñentes danadas polas inclemencias do tempo ou o impacto de grandes aves. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade