Publicador de contidos

Contido coa etiqueta rishi sunak .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta rishi sunak .

Rishi Sunak

O ministro de Economía británico, Jeremy Hunt, presenta a Declaración de Outono no Parlamento (Francepress)

O Goberno británico baixará os impostos a poucos meses das eleccións

22/11/2023 16:49

O plan fiscal británico inclúe a subida do salario mínimo ou a baixada da contribución dos traballadores á Seguridade Social


Sunak destitúe a ministra do Interior e recupera a Cameron para Exteriores

13/11/2023 10:15

O xefe do Goberno cesou a Braverman, quen acusou a policía de "dobre vara de medir" e de favorecer os manifestantes propalestinos

O nomeamento de Cameron, que dimitiu en xuño de 2016 como primeiro ministro tras perder o referendo do brexit, causou enorme sorpresa en medios de comunicación e analistas do Reino Unido

Categorías:  Mundo   Política

Detidos dous presuntos espías no Parlamento británico: A China nega calquera implicación

11/09/2023 12:11

O primeiro ministro británico trasladoulle ao Goberno de Pequín a súa "profunda preocupación" pola posible inxerencia chinesa en Westminster


Biden e Sunak abordan en Londres a evolución da contraofensiva en Ucraína

10/07/2023 16:09

O presidente dos Estados Unidos reuniuse despois co rei Carlos III para abordar a crise climática


Sánchez e Sunak apostan por pechar "canto antes" un acordo sobre Xibraltar

04/05/2023 19:27

Ambos os líderes mantiveron unha conversa telefónica a petición do primeiro ministro británico 

Tamén falaron da colaboración bilateral en ámbitos como a economía, a seguridade ou a inmigración


O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, recibe o rei Carlos III

02/05/2023 19:51

Máis de 600 parlamentarios de ambas cámaras británicas reuníronse na antesala do palacio para recibir o rei 

 

Categorías:  Mundo   Política

O Goberno británico expulsará os sen papeis e prohibiralles regresar ao Reino Unido

07/03/2023 08:59

As persoas que entren ilegalmente no país non terán dereito a solicitar asilo político

O proxecto de lei será presentado este martes no Parlamento 


A UE e o Reino Unido alcanzan un acordo sobre Irlanda do Norte

27/02/2023 16:15

Elimínanse os controis fronteirizos entre Irlanda do Norte e Gran Bretaña para os bens destinados só á provincia británica

O Parlamento autónomo de Belfast poderá aplicar "un freo de emerxencia fronte a calquera cambio nas normas que introduza a Unión Europea

O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, avanza que someterá o pacto a votación no Parlamento


A presidenta da CE, Ursula Von der Layen, e o primeiro ministro do Reino Unido Rishi Sunak nun encontro en novembro de 2022

O Reino Unido e Bruxelas, a punto de pechar un novo acordo para Irlanda do Norte

26/02/2023 21:54

A presidenta da Comisión Europea viaxa a Londres este luns para reunirse co primeiro ministro británico, que se prepara para o desafío dos euroescépticos conservadores

Von der Leyen e Sunak acordaron traballar en persoa para "lograr solucións compartidas e prácticas" no protocolo irlandés


Nadhim Zahawi é un refuxiado iraquí que chegou ao Reino Unido fuxindo de Saddam Hussein

Sunak destitúe o presidente do Partido Conservador e ministro Nadhim Zahawi

29/01/2023 20:17

Segundo o líder británico, o dirixente destituído violou o código ético do Goberno

Categorías:  Mundo   Política

O Reino Unido sobe impostos a cidadáns e empresas para reducir a débeda

17/11/2022 14:41

Trátase dun plan fiscal oposto ao que fixo caer o anteiror exectivo de Liz Truss


Sunak asume o cargo e avisa dunha "profunda crise" e de "decisións difíciles"

25/10/2022 11:24

O líder conservador recibiu o encargo por parte do rei Carlos III, a quen antes Lizz Truss presentou formalmente a súa dimisión

O novo primeiro ministro non dubidou en sinalar os erros da súa antecesora

Jeremy Hunt seguirá á fronte da carteira de Economía

Publicidade
Publicidade