Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno británico expulsará os sen papeis e prohibiralles regresar ao Reino Unido

O Goberno británico expulsará os sen papeis e prohibiralles regresar ao Reino Unido

As persoas que entren ilegalmente no país non terán dereito a solicitar asilo político

O proxecto de lei será presentado este martes no Parlamento 

G24.gal 07/03/2023 08:59 Última actualización 07/03/2023 09:40

O Goberno británico presenta este martes no Parlamento unha das normas migratorias máis duras de Europa. Prevé severos castigos para as persoas que crucen ilegalmente o Canal da Mancha para entrar no país.

Este novo proxecto de lei outorga poderes á ministra do Interior para expulsar os migrantes sen papeis. Prohibiráselles solicitar asilo político mentres permanezan no Reino Unido e terán vetado o seu regreso a territorio británico de por vida.

O Partido Laborista cualificou xa de "impracticable" esta nova norma que podería violar a Convención Europea de Dereitos Humanos.

Nun artigo de opinión divulgado hoxe polo diario británico The Sun, o primeiro ministro Rishi Sunak asegurou que fará "todo" o necesario para sacar adiante a chamada lei “stop the boats (“paremos os barcos”). 

Sunak sinala que os que veñen en pateras: "Non están directamente afectados por un país en guerra nin se enfrontan a unha ameaza inminente á vida". Xustificou os plans do seu Goberno asegurando que eran "xustos para quen está na casa e para quen ten un caso lexítimo para solicitar asilo". 

O ano pasado entraron no Reino Unido máis de 45.000 persoas, que atravesaron en pequenos botes o Canal da Mancha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade