Publicador de contidos

Contido coa etiqueta menores .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta menores .

Menores

Imaxe de arquivo de persoas migrantes acollidas en Sanxenxo na súa partida cara a Alcalá de Henares en decembro de 2023 (Elena Fernández / Europa Press).

Adiada a chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes das Canarias

25/07/2024 09:48

Está prevista a súa chegada para a semana vindeira, segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia

Mantéñense os lugares de destino: Santiago, Becerreá, Ourense, Monforte e Allariz


Morre unha nena de 11 anos ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca

22/07/2024 21:16

A nena estaba de vacacións coa familia e precipitouse dende a terraza mentres os pais estaban durmindo

A pesar dos intentos por reanimala, non puideron salvarlle a vida


A conselleira de Política Social e o Director xeral de Inclusión durante a conferencia sectorial

Galicia solicita unha conferencia de presidentes e a declaración de emerxencia migratoria por parte do Goberno central

22/07/2024 09:26

A Conferencia Sectorial de Inmigración tratará sobre o borrador do novo regulamento de estranxeiría  

O PP votará en contra da reforma da lei de estranxeiría este martes no Congreso ao non aceptar o Goberno as súas condicións


O carné B1 permitirá conducir con 16 anos cuadriciclos eléctricos a 90 km/h

21/07/2024 14:47

A Dirección Xeral de Tráfico estuda crear unha nova categoría, da que se terán que examinar

A intención é mellorar a formación viaria e reducir a sinistralidade

O novo carné xa existe en Italia, Francia e Portugal


Edificio sinistrado na cidade francesa de Niza (France-Presse)

O incendio en que morreron sete persoas en Niza, catro delas menores, puido ser provocado

18/07/2024 09:47

O vicealcalde de Niza avanza que a policía ten imaxes de tres sospeitosos encapuchados uns intres antes de que se declarase o lume


Migrantes acollidos por Galicia chegan en 2023 ao seu hotel de residencia temporal

Galicia recibirá 54 menores migrantes das Canarias nas próximas semanas

13/07/2024 12:37

O Goberno das illas enviaralle o luns á Xunta a listaxe dos primeiros 14 rapaces

Vinte e oito dos menores corresponden aos compromisos de 2023 e outros 26 chegados ás Canarias e Ceuta neste 2024


Galicia inicia os tramites para recibir os menores migrantes correspondentes ao 2023

12/07/2024 13:56

A conselleira de Política Social Fabiola García lamenta que a ministra Sira Rego acusase de insolidarias varias comunidades

Galicia esixe rectificar ao Goberno: a acollida de menores de 2023 non se fixo por "colapso" nas Canarias

 O presidente canario, Fernando Clavijo, di que estamos ante un drama humanitario e pídelle ao goberno recursos e medidas inmediatas


Galicia esixe rectificar ao Goberno: a acollida de menores de 2023 non se fixo por "colapso" nas Canarias

11/07/2024 15:07

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, tacha de "deslealdade" as acusacións do Executivo: "Non é que as comunidades sexamos insolidarias, senón que tendo os acordos asinados coas Canarias aínda non se enviaron a eses menores"


Morren dous menores en senllos accidentes en piscinas de Lleida e Melilla

11/07/2024 08:33

Un pequeno de 7 anos perdeu o coñecemento na piscina municipal de Alcarràs (Lleida), pero faleceu no hospital

Unha nena de 6 anos falece na piscina dun club de Melilla


Galicia acollerá 26 menores migrantes nun acordo estatal polo que Vox amenaza romper os pactos co PP

10/07/2024 20:46

Vox convoca unha xuntanza urxente e dá por rotos os pactos co PP por aceptar a repartición de migrantes

As comunidades autónomas do PP aceptan acoller menores inmigrantes das Canarias

O PP cre que nin os cargos nin os votantes de Vox entenderán que se romperan os acordos


As comunidades autónomas do PP aceptan acoller menores inmigrantes das Canarias

10/07/2024 14:50

O Goberno central negocia esta tarde coas comunidades a repartición de 400 menores non acompañados

A Conferencia Sectorial de Infancia celébrase en Tenerife

Categorías:  España   Política

Trasladado ao hospital un menor tras caer accidentalmente desde un segundo piso en Vigo

09/07/2024 14:04

O neno foi trasladado a un hospital e o seu prognóstico é favorable


Europa Press Canarias

A recolocación de migrantes entre as comunidades, á que se opón Vox, debaterase o 18 de xullo

29/06/2024 10:13

O PP non cre que Vox cumpra coa ameaza de romper os pactos autonómicos se aceptan este plan para os migrantes

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  MIGRANTES   MENORES

Un dos mozos dándolle unha patada a un nicho

Uns mozos profanan e causan desfeitas no cemiterio de Pantín, en Valdoviño

24/06/2024 15:57

Un deles gravou a secuencia e logo colgárona nas redes sociais


Detida en Leiro unha parella por substraer os seus dous fillos menores nos Países Baixos

19/06/2024 11:16

A parella, reclamada pola xustiza neerlandesa, foi posta a disposición da Audiencia Nacional

Os nenos ingresaron nun centro de menores


O Constitucional avala que as mozas de 16 e 17 anos poidan abortar sen consentimento paterno

18/06/2024 13:57

A corte de garantías rexeitou o recurso de Vox cos sete votos a favor da maioría progresista fronte aos catro da minoría conservadora

A reforma da lei do aborto recolle a creación dun rexistro de obxectores de conciencia para o persoal sanitario e elimina a obriga de informar a muller sobre as prestacións e axudas de apoio á maternidade e tamén o prazo de reflexión de tres días


Parte dos obxectos roubados polo grupo que están a disposición dos propietarios no cuartel do Milladoiro

Tres menores e un mozo rouban 14 coches en 17 días na Coruña e Pontevedra

18/06/2024 13:29

Entre finais de abril e os primeiros días de maio percorreron máis dunha ducia de concellos das provincias atlánticas na procura de vehículos abertos ou coas chaves postas


Detida unha parella en Lugo por maltratar presuntamente unha menor de 6 anos

06/06/2024 11:36

A nai e a súa parella castigaban a pequena con duchas frías

Os arrestados quedaron en liberdade con medidas cautelares logo de declarar

O xulgado retiroulle a custodia da cativa á muller e impúxolles unha orde de afastamento

 


Arquivo (Europa Press)

Lei de protección dixital: novos delitos, acceso a contidos, formación dos menores e control das familias

04/06/2024 14:32

O Consello de Minisitros arpobou o anteproxecto que incluirá a reforma do Código Penal con ordes de afastamento virtual ou a tipificación do grooming e as ultrafalsificacións

A norma inclúe a obriga de incorporar de fábrica o control parental en todos os móbiles, tabletas, computadores e televisións intelixentes

Ao mesmo tempo vaise elaborar unha estratexia nacional para a protección da infancia que impulsará un plan de alfabetización dixital


Imaxe de arquivo

O Goberno obrigará a que móbiles e dispositivos incorporen un control parental gratuíto

03/06/2024 18:12

A idade media de acceso ao primeiro móbil está nos 11 anos

O Executivo contempla un plan de alfabetización dixital para que os menores obteñan autonomía neste ámbito


O Supremo confirma prisión permanente ao home que matou o seu sobriño de 3 anos en Santiago

24/05/2024 14:15

O Alto Tribunal non considera que Santiago Cepeda tivese anuladas por completo as súas facultades mentais cando asfixiou o pequeno ata a morte


Detida unha logroñesa de 23 anos por deixar soa a sua filla de 6 para ir de copas

23/05/2024 13:02

A policía atopou a cativa camiñando soa pola rúa buscando a súa nai

Etiquetas:  MENORES   ABANDONO

Lugar onde se produciu a agresión na zona da Capela, en Carreira (Ribeira)

Buscan tres menores por unha malleira a un mozo en Ribeira

19/05/2024 15:48

Os feitos sucederon de madrugada no lugar da Capela, en Carreira

A Policía Local de Ribeira pide a colaboración cidadá para dar con eles e identificalos


A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, no programa 'Bos días' da Televisión de Galicia este xoves.

Política Social urxe a ministra de Inclusión a xestión do ingreso mínimo vital

16/05/2024 09:28

A conselleira Fabiola García reclama por carta unha reunión urxente para o traspaso desta competencia

A Xunta prevé que este mes de maio se adxudiquen as 240 prazas nas dúas novas residencias da Fundación Amancio Ortega en Santiago e Lugo


Europa Press / Eduardo Parra

Irlanda elevará de 18 a 21 anos a idade legal para comprar tabaco

13/05/2024 11:25

O Goberno prohibiu o ano pasado a venda de produtos de vapeo aos menores de 18 anos 

Categorías:  Mundo   Sociedade   Saúde

Vivenda en que foi atopado o corpo do menor e a súa nai malferida en Xaén (Europa Press).

Atopan morto un neno de 6 anos en Xaén xunto a súa nai ferida con cortes nos brazos

29/04/2024 10:41

A Policía Nacional traballa coa hipótese dun intento de suicidio da muller, que antes acabaría coa vida do seu fillo pequeno


Ferido grave un rapaz que caeu dun tellado en Dumbría cando tentaba coller unha pelota

28/04/2024 19:21

O menor precipitouse dende unha altura duns tres metros e golpeou a cabeza

Categorías:  Galicia   Dumbría   Sucesos
Etiquetas:  MENORES   ACCIDENTE

Investigan dous menores por conducir por Bergondo e subilo ás redes sociais

25/04/2024 09:23

A Garda Civil detectou nunha rede social varios vídeos que mostraban os adolescentes, de 15 e 16 anos, manexando un vehículo por estradas secundarias


Bruxelas ameaza con suspender TikTok Lite a partir do xoves

22/04/2024 17:01

Considérao "tóxico" e "especialmente adictivo para os nenos"

Trátase dun programa que premia os usuarios por ver vídeos

Categorías:  Mundo   Sociedade

O Goberno pacta coas Canarias unha reforma urxente para distribuír os menores migrantes

22/04/2024 15:47

Queren que os cambios estean aprobados o vindeiro mes de setembro

A iniciativa debaterase con todas as comunidades pero, se non hai acordo, o Goberno poderá impoñer o repartimento

Categorías:  España   Política

Precinto policial na vivenda en que apareceron os corpos da muller e dos seus dous fillos en El Prat de Llobregat (EFE / Quique García).

Un home mata a súa muller e os seus dous fillos de 8 anos e suicídase no Prat (Barcelona)

10/04/2024 08:00

Un xulgado de violencia machista investiga este caso en que non había denuncias previas de malos tratos

De confirmarse que se trata dun crime machista, serían sete os menores asasinados este ano en España por casos de violencia vicaria, cinco deles en Cataluña


Un menor falecido e outros dous feridos polos disparos doutro estudante en Finlandia (Markku Ulander / Lehtikuva / dpa / Europa Press)

Un menor falecido e outros dous feridos polos disparos doutro estudante nunha escola en Finlandia

02/04/2024 13:04

As tres vítimas teñen doce anos e eran compañeiros de colexio do autor dos disparos, quen ten a mesma idade e foi detido pola policía cando fuxía do lugar do suceso portando unha pistola


Investigan a morte dun menor de 14 anos que caeu dun terceiro andar en Ourense

30/03/2024 17:17

Segundo as primeiras investigacións, non hai indicios delituosos polo que todo apunta a que foi un accidente

Categorías:  Galicia   Ourense   Sucesos
Etiquetas:  MENORES   FALECEMENTO

A Garda Civil localiza unha menor de 13 anos casada á forza e embarazada

23/03/2024 10:21

Detiveron o home da rapaza e os proxenitores da parella por tráfico de seres humanos 

O marido "concertado" tamén se enfronta a un delito de agresión sexual


O home que matou as fillas en Almería usou pesticida para envelenalas

19/03/2024 17:25

Igualdade confirma que se trata dun caso de violencia vicaria


Imaxe de arquivo

Condenan a cinco anos de cárcere un home por abusar da filla menor da súa parella

18/03/2024 18:41

Durante nove anos non poderá achegarse á vítima nin desenvolver ningunha profesión que implique contacto con menores

 

Categorías:  A Coruña   Sucesos

Estado en que quedou a carpa tras o seu derrubamento (EFE)

Tres nenos quedan feridos ao derrubarse a carpa dun planetario en Sevilla

07/03/2024 16:20

No interior da carpa había unhas 55 persoas entre profesores e alumnos de primeiro da ESO


Investigan o achado dun neno de 4 anos morto dentro dunha secadora en Mallorca

29/02/2024 21:12

Crese que o neno puido agocharse dentro e quedar atrapado

Categorías:  España   Sucesos
Etiquetas:  MENORES

Un dos dous primeiros detidos polo presunto secuestro a un menor en Burela pasou a disposición xudicial en outubro de 2023. Tratábase dun home e dunha muller que quedaron en liberdade con cargos.

A Garda Civil pecha a investigación polo secuestro dun menor en Burela con dúas novas detencións

26/02/2024 13:52

Os dous novos arrestados, veciños de Culleredo, participarían como colaboradores no secuestro do mozo de 17 anos o 23 de outubro de 2023

Daquela, a Garda Civil arrestara dúas persoas, un home e unha muller, que quedaron en liberdade con orde de afastamento do menor e da súa nai

Os dous homes recentemente detidos tamén quedaron en liberdade

 


A Garda Civil evita o matrimonio forzado dunha nena de 12 anos en Cidade Real

26/02/2024 11:10

A Garda Civil arrestou os pais por un presunto delito contra a liberdade

A menor atópase baixo a tutela da Junta de Andalucía

Publicidade
Publicidade
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 344 resultados.