Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil pecha a investigación polo secuestro dun menor en Burela con dúas novas detencións

A Garda Civil pecha a investigación polo secuestro dun menor en Burela con dúas novas detencións

Os dous novos arrestados, veciños de Culleredo, participarían como colaboradores no secuestro do mozo de 17 anos o 23 de outubro de 2023

Daquela, a Garda Civil arrestara dúas persoas, un home e unha muller, que quedaron en liberdade con orde de afastamento do menor e da súa nai

Os dous homes recentemente detidos tamén quedaron en liberdade

 

Un dos dous primeiros detidos polo presunto secuestro a un menor en Burela pasou a disposición xudicial en outubro de 2023. Tratábase dun home e dunha muller que quedaron en liberdade con cargos. Un dos dous primeiros detidos polo presunto secuestro a un menor en Burela pasou a disposición xudicial en outubro de 2023. Tratábase dun home e dunha muller que quedaron en liberdade con cargos.
G24.gal 26/02/2024 13:52

A Garda Civil deu por concluída a investigación sobre o secuestro dun menor de idade no mes de outubro en Burela coa detención de dúas persoas en Culleredo acusadas de colaborar nos feitos.

Catro meses despois, a Benemérita informou do peche da denominada operación Perdouro, asociada ao secuestro dun menor de 16 anos o pasado 23 de outubro na localidade mariñá.

Un home e unha muller tamén foran arrestados en relación co secuestro

Entón, dúas persoas -un home e unha muller- foron arrestadas pola súa implicación nos feitos. O Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro (Lugo) decretou a súa posta en liberdade coa prohibición de aproximarse e de comunicarse por calquera medio tanto co menor en cuestión como coa súa nai.

Os dous homes recentemente detidos tamén quedaron en liberdade

Meses máis tarde, a Garda Civil arrestou esta fin de semana dous homes, de 59 e 53 anos e residentes en Culleredo, pola súa suposta colaboración co secuestro. Ambos quedaron á disposición do xulgado que instrúe o caso, que decretou a súa posta en liberdade, segundo confirmaron fontes da investigación.

Ademais, no marco do operativo, realizáronse varios rexistros na localidade de Burela, onde se produciu o secuestro a finais de outubro. Os feitos ocorreron na rúa Rosalía de Castro, onde se despregou un amplo operativo policial.

A presenza dos axentes chamou a atención dos veciños dada a importante despregadura desde primeira hora da mañá e ata a tarde. Foi precisamente o amplo operativo o que logrou que os dous presuntos autores do secuestro liberasen ao menor, veciño de Burela de 16 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade