Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o achado dun neno de 4 anos morto dentro dunha secadora en Mallorca

Investigan o achado dun neno de 4 anos morto dentro dunha secadora en Mallorca

Crese que o neno puido agocharse dentro e quedar atrapado

G24.gal 29/02/2024 21:12

A Garda Civil investiga as circunstancias da morte dun neno de 4 anos que apareceu este xoves no interior da secadora da súa casa, na localidade mallorquina de Magaluf.

Segundo o diario Última Hora, crese que o neno se agachou dentro do electrodoméstico e quedou pechado dentro.

O suceso tivo lugar a primeira hora da tarde deste xoves. Ao parecer, o neno atopábase baixo a tutela da avoa e doutro familiar. Ao parecer, a avoa saíra á rúa e a outra persoa quedou a durmir, segundo relata o diario.

Ao regresar a muller á casa e non atopar o pequeno, espertou a outra persoa e, finalmente, achárono morto dentro da secadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade