Xornada de portas abertas nos centros de investigación da USC

É a sétima edición deste evento aberto a pequenos e grandes

O persoal investigador dá a coñecer o seu traballo

G24.gal 25/11/2023 14:33 Última actualización 25/11/2023 14:51

En menos dun día esgotáronse as entradas para participar nesta xornada de portas abertas nos catro Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago. Tal é o interese deste evento que vai pola sétima edición con conferencias e obradoiros para todas as idades.

"Fixemos actividades relacionadas coas moléculas e os átomos, movelas con lentes de realidade virtual, diante dunha pantalla estabamos saltando para que se nos vira con raios ultravioletas...".

"Gustoume na pantalla como se vían os átomos, ían cambiando de cor. Despois as lentes e cos teus dedos que eran como imáns cos átomos".

"Os videoxogos creabámolos con pequenas pezas, iamos poñéndoas para que o personaxe puidese saltar nelas".

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer os proxectos de investigación destes centros e, se cadra, incentivar vocacións científicas e tecnolóxicas.

"Interésanos particularmente entre as nenas. No noso campo, o das tecnoloxías, hai menos vocación e é fundamental que exista. Hai certa recompensa social, pero moitas veces é difícil estabilizarse, é difícil facer desta vocación un "modus vivendi".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade