Veljko Mrsic: "Haberá que adaptarse a xogar sen público"

O técnico croata recupera a Conner Frankamp e aos lesionados Anthony Polite e Sergi García

Foto @CBBreogan
G24.gal 14/11/2023 13:58 Última actualización 14/11/2023 14:03

O croata Veljko Mrsic, adestrador del Río Breogán, sinalou este martes, na véspera de visitar ao Hapoel Holon no Area Riga desta localidade letona, que o seu equipo terá que adaptarse “a xogar sen público”, á vez que advertiu da dificultade de dobregar ao conxunto israelí.

“Espéranos un partido complicado, xogar sen público vai parecer un adestramento. Eles xa xogaron así en Bonn, nós imos ter que adaptarnos a iso”, declarou o técnico breoganista.

Mrsic cre que o seu equipo chega “en boas condicións” porque tiveron unha viaxe “bastante cómoda” a Riga, onde xa puideron adestrar onte pola noite e esta mañá.

“Temos todo o equipo ao completo”, celebrou o croata. 

Nos últimos días volveu o base estadounidense Conner Frankamp, que se perdeu o últimos tres partidos oficiais por motivos persoais, e a recuperou aos lesionados Anthony Polite e Sergi García.

Con todo, o técnico do Breogán non esconde a dificultade de vencer ao conxunto dirixido por Amit Schaerf, que ata o momento gañou o único partido que disputou da competición, fronte ao Telekom Bonn en terras alemás (74-75).

“Iso xa nos di do seu potencial”, subliñou Mrsic, que foi máis aló na súa análise.

“Só vimos un partido, pero contra Bonn xogou 35 ou 36 minutos cunha zona 3-2, unha zona parecida á que nos fixo o Joventut o outro día no últimos quince minutos. Por iso creo que imos estar ben”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade