Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				Unha parella, de 17 e 19 anos, morre calcinada no incendio dunha vivenda en Sevilla
Na casa vivía o avó dun dos falecidos, pero no momento do suceso non estaba
                        A vivenda incendiada na Avenida de Sevilla no concello de Los Palacios y Villafranca
            
                            G24.gal
                        
                            08/11/2023 21:41
                        
                        
                                Última actualización 08/11/2023 22:01
                        
                        
                    
                    Unha parella moi nova, de 19 e 17 anos, morreu esta tarde no incendio da súa vivenda no concello sevillano de Los Palacios y Villafranca. De momento non foi posible identificar os corpos debido ao seu estado. O mozo falecido vivía nesa vivenda co seu avó, que, no momento do incendio, estaba fóra.
O Concello decretou dous días de loito oficial mentres se investigan as causas do lume que obrigou a desaloxar todo o edificio.