Un Rácing a tiro da promoción recibe o Andorra na Malata

Cristóbal céntrase na preparación do partido contra un rival ao que valora moi positivamente

Volve Brais á convocatoria, pero Jon García non vai estar

G24.gal 04/11/2023 14:04

O Rácing prepárase para recibir mañá o Andorra na Malata a partir das dúas da tarde. Logo do importante triunfo dos departamentais no Sardinero, o equipo comezou a xornada a tiro da zona de promoción. E, ademais, esta semana na Copa do Rei confirmouse a recuperación como goleadores dos seus dianteiros Sabin Merino e Álvaro Giménez.

Pero non todo son boas novas para Cristóbal, que recupera a Brais pero non pode contar con Jon García para este partido. O técnico céntrase na preparación do partido contra un rival que valora positivamente: "Intentaremos impoñer a nosa idea, e despois a ver se o equipo pode estar o mellor posible", dicía na previa. "Hai moitos xeitos de xogar, podes ir polo partido ou agardar atrás... Eles son un conxunto valente, que xoga ben ao fútbol. Non sae acomplexado, e adoita buscar os partidos", conclúe Cristóbal, que augura un encontro complicado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade