Un incendio calcina un vehículo e unha palleira en Santiago

Grazas ao traballo dos bombeiros salváronse case todos os animais e as lapas non chegaron á vivenda 

Non houbo que lamentar danos persoais 

G24.gal 07/12/2023 18:23 Última actualización 07/12/2023 18:39

Sobre as catro e media da mañá deste xoves o parque de bombeiros recibía un aviso dun incendio no lugar da Granxa de Santiago, a pouca distancia do hotel Santiago Apóstolo.

As lapas iniciáronse nun vehículo estacionado na parcela e alcanzaron rapidamente unha palleira con varios animais. Case todos foron rescatados polos efectivos, salvo un par de galiñas e algúns polos.

O principal problema era o combustible almacenado que podía provocar un maior incendio e afectar a propia vivenda se non se controlaba a tempo.

O traballo dos peritos será o que sinale as causas do incendio no vehículo que orixinou o lume, sen que finalmente houbese que lamentar danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade