Un imparable Lugo derrota e supera o Real Unión de Fran Justo (2-0)

Ojeda e Willy Ledesma marcaron os goles no segundo tempo

Cuarta vitoria seguida dun Lugo que xa ten 18 puntos

G24.gal 29/10/2023 13:41

O Lugo segue coa velocidade de cruceiro. Custoulle arrincar pero contra a Real Unión de Irún que dirixe o exadestrador lucense Fran Justo logrou a cuarta vitoria consecutiva (2-0). 

Foi unha vitoria clara e convincente dun equipo que comeza a xogar de memoria. No primeiro tempo o volume de ocasións non foi excesivo. A mellor chegou cun disparo de Antoñín Cortés que salvou cunha gran parada Irazusta. 

Na segunda metade arrincou con moita forza o equipo de Munitis e froito desa insistencia veu o gol marcado por Ojeda cun gran remate chegando de segunda liña. Antoñín Cortés tivera un remate á través e foi o outro dianteiro, Willy Ledesma, o encargado de sentenciar cun remate de cabeza. 

Cuarta vitoria, outra vez a porta a cero, terceira xornada seguida marcando de Ledesma. Todo son boas novas para un Lugo que se asenta na zona alta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos