Un home detido en Málaga tras apuñalar a súa muller e a súa filla

A nai atópase na UCI en estado grave

016 016
G24.gal 16/11/2023 13:06

Un home de 43 anos foi detido na cidade de Málaga tras apuñalar a súa muller, de 37 anos, e á súa filla, de 18, que presenta feridas no brazo ao intentar defender a súa nai. A nai atópase en estado grave na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Rexional de Málaga.

O suceso aconteceu onte sobre as 22:30, nunha vivenda da localidade andaluza. Ata alí trasladouse no momento unha unidade de paisano da Policía Local, tras escoitar os berros procedentes do inmoble. Cando chegaron á porta atopáronse cun grupo de familiares, que tamén vivían no piso e que logo dun intento errado por defender a vítima decidiron fuxir.

Os policías sorprenderon o home apuñalando a muller, que perdera xa moito sangue. Foi evacuada ao hospital en estado grave, e está á espera de evolución con feridas no tronco superior.

O home foi reducido polos corpos de seguridade e arrestado como presunto autor das agresións investigadas como posible caso de violencia machista. Trasladárono á Comisaría Provincial de Málaga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade