Un detido na protesta nas inmediacións da sede do PSOE na rúa Ferraz
Un detido na protesta nas inmediacións da sede do PSOE na rúa Ferraz
A policía impediu esta vez aos manifestantes invadiren a calzada baixo ameaza de sanción

A concentración nas inmediacións da sede do PSOE na rúa Ferraz, en que participan un milleiro de persoas, concluíu cun detido segundo a Delegación do Goberno por desobediencia e atentado contra a autoridade. A policía impediu esta vez aos manifestantes invadiren a calzada baixo ameaza de sanción.
Nesta décimo oitava xornada consecutiva de protestas, os axentes nin sequera cortaron con valos o acceso á rúa Ferraz, como fixeron todos estes días, e limitáronse a conter os manifestantes nas beirarrúas para evitar cortes de tráfico.
A asociación Revuelta, impulsora destas mobilizacións, criticou nunha mensaxe na plataforma X que a policía impedise "a libre circulación a centenares de españois" por "orde de Marlaska" e fixo un chamamento para este próximo martes: "Encher Ferraz con máis forza que nunca".