Un camión de chatarra derruba dous postes da instalación eléctrica e dana un cruceiro en Cambados

Foi na parroquia de Castrelo

Imaxe do camión que provocou os danos (Emerxencias Cambados)
G24.gal 27/11/2023 18:41 Última actualización 27/11/2023 18:57

Un camión de chatarra derrubou este luns dous postes da instalación eléctrica na parroquia de Castrelo, en Cambados, provocando danos noutros tres e tamén no cruceiro Con do Ramo.

A Policía Local alertou o 112 ás 9:30 desta mañá de que un camión se enredara coa instalación no lugar do Agro, á altura do Campo da Festa. Isto provocou a caída de dous postes e deixou afectados outros tres ou catro, aínda que en pé. Tamén sufriu danos o Cruceiro Con do Ramo.

No dispositivo participaron a Garda Civil de Tráfico, Emerxencias de Cambados e técnicos da compañía distribuidora da luz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade