Strand Larsen: "Un punto en Mestalla serve para crer"

O noruegués logrou o seu segundo premio Estrella Galicia

G24.gal 30/11/2023 16:42 Última actualización 30/11/2023 16:48

Jorgen Strand Larsen foi galardoado co Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de outubro, obtendo a maioría dos votos por parte da afección celeste e superando na fase final a Jonathan Bamba e Carl Starfelt.

O bo rendemento do ariete noruegués ao longo dos 349 minutos que disputou no mes de outubro e o gol anotado fronte ao Xetafe  valeron para que Larsen logre o segundo Premio Estrela Galicia consecutivo da tempada.

O dianteiro quixo "agradecer este premio a Estrela Galicia, aos meus compañeiros e aos afeccionados".

Larsen está por feliz e orgulloso por conseguir de novo este galardón a pesar de que sabe que "é un pouco difícil estalo agora" pola situación "pero seguimos traballando" co claro obxectivo de poder gozalo coa afección en Abanca Balaídos. 

"O luns é un partido moi importante. Un punto en Mestalla serve para crer".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar