Once detidos nunha operación antidroga en Arousa, entre eles, Juan Carlos Santórum

O dispositivo segue activo con rexistros domiciliarios en varios concellos da comarca

Santórum está pendente de xuízo pola súa presunta vinculación co macroalixo do buque Karar

G24.gal 23/11/2023 14:16 Última actualización 23/11/2023 20:45

Foi nunha gasolineira de Caleiro onde dous axentes de paisano arrestaban na tarde deste mércores a Juan Carlos Santórum. No operativo antidroga, liderado polos GRECO, producíronse dez detencións máis a presuntos colaboradores da rede. Rexistráronse tamén varios domicilios en Cambados, Vilanova, Vilagarcía e Ribadumia.

Algunhas fontes sinalan que se incautaron 50 quilos de droga, varios teléfonos móbiles e unha importante suma de cartos en efectivo. Arestora os sete detidos permanecen na comisaría da Policía Nacional de Pontevedra á espera do paso a disposición xudicial.

Hai tan só un mes Santórum fora detido noutra redada antidroga. O arousán está tamén á espera da celebración do xuízo da operación Karar, en que se comisaron catro toneladas de cocaína nun barco remolcador durante o confinamento. A Fiscalía Antidroga pide para el 18 anos de cárcere por ser o presunto líder que traería en planadoras o alixo ata Galicia. O xuízo non está sinalado aínda, pero está previsto que se celebre este ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade