Rafa Benítez planta o CTA: o técnico do Celta non asiste á reunión cos árbitros
Rafa Benítez planta o CTA: o técnico do Celta non asiste á reunión cos árbitros
Nesa xuntanza agárdase que os árbitros expliquen as decisións que tomaron neste primeiras trece xornadas de Liga, incluído o uso da videoarbitraxe
Rafa Benítez, adestrador do Celta, dirixe este martes o adestramento na Cidade Deportiva Afouteza. O técnico madrileño tiña unha cita no Comité Técnico de Árbitros xunto ao resto de adestradores de LaLiga EA Sports.
Unha cita que o celeste declinou e na que se espera que os árbitros expliquen as decisións que tomaron nestas primeiras trece xornadas de Liga, incluído o uso da videoarbitraxe.
O Celta, que xa se reuniu co CTA hai unhas semanas con Marián Mouriño á cabeza, non estará presente nesta cita organizada por Medina Cantalejo.
Aínda que desde o club vigués non desvelaron os motivos da ausencia de Rafa Benítez si confirman que non estará en Madrid este martes.
O adestrador si estará ata este xoves dirixindo ao primeiro equipo en Afouteza. Despois concederá tres días de descanso ao equipo para comezar a preparar o próximo partido de Liga ante o Valencia.