Preocupación entre a veciñanza de Ourense por un novo punto de venda de droga
Preocupación entre a veciñanza de Ourense por un novo punto de venda de droga
No barrio da Follateira aseguran que levan meses vendo a presenza de numerosos consumidores que acoden a unha vivenda
Asegura que xa denunicaron a situación perante a Policía Nacional e que xa coñecen a situación
Os veciños e as veciñas, moitos deles maiores, din que se senten inseguros e con medo
Preocupación entre a veciñanza do barrio ourensán da Follateira porque aseguran que desde hai uns meses unha das vivendas se converteu nun punto de venda de droga. Contan que a diario pasan numerosas persoas consumidoras e teñen medo porque ten habido roubos, pelexas e ameazas. Temen que a situación aínda poida empeorar.
A habitual tranquilidade neste barrio ourensán da Follateira, a carón da avenida de Bos Aires, rompeu hai uns meses.
"Parecer ser que hai unha casa onde se venden drogas e estamos todos preocupados, porque é todos os días e a todas as horas, de noite, de día... Hai unha inseguridade terrible", afirma unha veciña do barrio.
"Andan en procesión para adiante e para atrás. E hai días que ao longo do día 30 ou 40 persoas pasan polas rúas".
Aseguran que é nesta casa na rúa Nogueira de Ramuín, onde se instalou o punto de venda de todo tipo de droga. A xente, moita dela maior, di que ten medo e que se sente insegura.
"A inseguridade que se está creando entre a xente maior e a máis nova, porque xa empezan a meterse con eles, ameazar con roubar con quitarlles os bolsos".
"Por iso teño medo, non é unha broma".
Contan que a Policía Nacional xa é coñecedora desta situación e que mesmo xa houbo unha redada nesa casa, pero que o problema segue existindo. E piden unha solución. Porque temen que a inseguridade e os conflitos vaian a máis.
"Xa sei foi á comisaría de Policía varias veces".
"A ver se a policía pasa máis a miúdo ou toman medidas".