Os migrantes chegados a Sanxenxo adáptanse a Galicia
Os migrantes chegados a Sanxenxo adáptanse a Galicia
Ao chegar de xeito irregular non poden traballar legalmente, á espera de poder arranxar a súa situación en España
A maioría dos migrantes que se aloxan en Sanxenxo polo momento non falan galego nin español, pero recoñecen que están contentos en Galicia. Despois da súa primeira noite en Galicia, tratan de situarse. Pasaron polas Canarias e Madrid antes de chegar ata aquí.
A acollida dos veciños está a ser boa e moitos buscan como axudar. A ONG que os atende está a ver as necesidades e sinalan que todo se xestionará a través do Concello. Ofreceralles asesoría xurídica para os que pidan asilo. Ao chegar de xeito irregular non poden traballar legalmente.
Case a metade teñen familiares ou amigos en España, polo que moitos acudirán a esas redes de axuda.