Os insultos racistas a Fran Torres fan que o Liceo marche da pista en Voltregá

O partido estivo detido uns minutos, ata que regresaron os liceístas

O resultado final foi de 2-0

G24.gal 06/12/2023 14:58

Episodio de racismo na Ok Liga de hóckey a patíns. Os insultos do público de Voltregá ao xogador do Liceo Fran Torres 'Tombita' acabaron provocando que o resto de compañeiros decidise abandonar a pista e marchar cara aos vestiarios. O partido estivo detido ata que os de Juan Copa decidiron regresar á pista e rematar os oito minutos que faltaban. 

O encontro rematou coa derrota liceísta por 2-0 cos goles marcados por Jordi Burgaya e o ex-xogador do cadro coruñés Álex Rodríguez. Pero quedará marcado para o futuro da competición polos lamentables incidentes que se viviron na pista do Voltregá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar