Oleksandr Kovliar xa está a punto para debutar ante o Granada

Kovilar na súa presentación: “Son novo, pero estou aquí para mellorar e xogar. Non estou por estar en Santiago"

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 22/11/2023 12:29 Última actualización 22/11/2023 12:34

O último en incorporarse ao Monbus Obradoiro, o base ucraíno Oleksandr Kovliar, foi presentado de forma oficial esta mañá como novo xogador do conxunto compostelán.

Kovliar mostrouse encantado por chegar a Santiago. 

"Estou moi contento de chegar a este equipo. Será unha gran experiencia traballar con Moncho Fernández. Coñecín aos meus compañeiros e fixen un par de adestramentos co equipo. Creo que estarei preparado para o próximo partido. Mellorarei para conseguir vitorias e cumprir obxectivos xuntos”.

Tamén mostrou a súa disposición para ofrecer as súas mellores prestacións coa camiseta obradoirista. 

“Son novo, pero estou aquí para mellorar e xogar. Non estou por estar en Santiago. Chegar ao Monbus Obradoiro é un gran paso na miña carreira”

Kovliar recoñeceu que falou con Artem Pustovyi, compañeiro na selección ucraína, despois de aceptar a proposta do Monbus Obradoiro 

“Falei con el despois de dicir que si. Creo que é moi bo, para min, entender que pasa no equipo, así como as regras. El axudoume moito e explicoume todo”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos