Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				O vigués Jonatan Giráldez, o adestrador do mellor club do mundo en 2023
O adestrador do Barcelona subiu con Laporta e Patri Guijarro para recoller o premio
 
            
                            G24.gal
                        
                            30/10/2023 21:53
                        
                        
                        
                        
                    
                    O vigués Jonatan Giráldez foi un dos protagonistas da gala do Balón de Ouro de 2023. O adestrador do Barcelona, de só 32 anos, subiu ao escenario xunto ao presidente Joan Laporta e á xogadora Patri Guijarro para recoller o premio ao Mellor Club do Mundo en 2023.
Giráldez armou un equipo case invencible que gañou a Supercopa de España, a Liga cuns rexistros incribles (118 goles a favor e só dez en contra) e a Champions, cunha remontada para a historia, a segunda do club catalán.
O técnico galego deu o salto desde un segundo chanzo a pasada temporada e a aposta deulle a razón ao club, porque os éxitos foron inmediatos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        