O sector pesqueiro queda sen ministerio propio
O sector pesqueiro queda sen ministerio propio
A pesca continuará compartindo carteira con alimentación e medio ambiente durante a nova lexislatura
Agora céntranse en insistir na baixada do IVE do peixe e o reparto de fondos europeos
A pesca continuará compartindo carteira con alimentación e medio ambiente durante a nova lexislatura. O sector reclamaba un ministerio propio para dar resposta aos principais retos do sector.
Con todo, piden ao ministerio que comece a traballar nas principais reivindicacións do sector. Desde o Goberno galego priorizan a defensa da lei galega do litoral e a necesidade dun Perte para Pesca.
A lista de deberes no arranque da nova lexislatura continúa coa baixada do IVE nos produtos pesqueiros, como xa se fixo noutros países da Unión Europea.
Outra das claves da política pesqueira é inminente, o mes que ven comezará a negociación das cotas dasa capturas para o 2024.