O Rácing ilusiona co seu fútbol mesmo ex-xogadores como David Darmón
Darmón: "Este é un equipo humilde, iso é fundamental"
O gran arranque do Rácing na liga fai memoria doutras tempadas de primeiros de século XXI cos ferrolás dando que falar en Segunda. A liga do 2000-2001, por exemplo, na que chegaba a Ferrol un francés descoñecido.
David Elian Darmón tiña 26 anos cando fichou en Ferrol co vilagarcián Luis César Sampedro de adestrador, e foi unha das pezas chave para que os departamentais callaran un campionato 2001-2002 excelente, con 21 puntos en 14 xornadas e novenos na clasificación final.
"Tiñamos un equipo moi homoxéneo e por iso tiñamos resultados positivos".
Darmón, pivote zurdo que marchou o Leganés e o Elxe logo de dous bos anos en Ferrol, está engaiolado polo xogo do actual Rácing e polas maneiras coas que se desenvolve o equipo.
"Este é un equipo humilde, iso é fundamental".
O ex-xogador, dedicado agora profesionalmente o mundo do golf, visita estes días Galicia, a onde non volvía dende 2005 cando rematou a súa segunda estadía racinguista.